"Eugenia" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Artista plástica. Estudou Arquitectura en Barcelona e Arte na Universidade de Iowa (1971). Deuse a coñecer entre os anos 1976 e 1979 con accións de carácter conceptual. En Nova York realizou vídeos, cine experimental, instalacións e montaxes, cunha especial preocupación pola manipulación da imaxe. Colaborou a miúdo con músicos. Ademais da súa actividade como creadora, Balcells impartiu cursos en diversos centros e universidades. É autora dunha ampla obra que lle valeu numerosos premios entre os que se atopan o Premio Visual Studies Workshop, Rochester, Nueva York, por From the Center (1982), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (2009) ou o Premio a mejor artista da asociación Nacional MAV, Mujeres en las Artes Visuales (2010).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política dominica. Membro do Dominican Freedom Party (DFP), foi elixida parlamentaria en 1975, ministra de Asuntos Exteriores entre 1980 e 1990 e de Defensa entre 1985 e 1995. Foi a primeira muller que ocupou no Caribe o cargo de primeira ministra en 1980, posto no que permaneceu ata 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos ou de pequenas árbores tropicais da familia das mirtáceas, que engloba unhas 600 especies tropicais de follas perennes, opostas e coriáceas, de flores xeralmente brancas e de froitos bacciformes. Algunhas cultívanse para aproveitar o froito e outras son apreciadas como plantas de xardín.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa, coñecida como Marucha. Licenciada en Filoloxía, desde 1964 participou en diversos proxectos de animación cinematográfica e historia da fotografía. Inspiradora e fundadora da Fototeca de Cuba, expuxo a súa obra na Latina City Gallery de Nova York (1988) e na V Fotobienal de Vigo (1992). En outubro de 2001 recibiu unha homenaxe póstuma no II Salón Nacional de Fotografía de La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.973 h [2001]). As explotacións gandeiras dedícanse ao gando porcino e bovino. Desenvolvéronse os sectores industriais relacionados coas actividades primarias e algunhas pequenas industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO