"Eutelo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Eleutherios ‘que procede como home libre’, ‘liberal, xeneroso’, ou ‘libertador’. Presenta as variantes Outel, Toutel, Tutel, Leuter e mesmo Eleuterio como forma culta. Destacan con este nome santo Eutelo de París (s III ou IV), diácono de san Denís e santo Eutelo de Tournai (456-531), bispo desta cidade belga. A súa festividade celébrase o martes da Pentecoste en Moraña, o terceiro sábado de maio en Lagartóns, o último domingo de xuño en Mos e o segundo domingo de setembro en Rois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (456-531) Bispo desta cidade belga. Seus pais, ameazados polo rei franco Clodoveo, aínda pagán, fuxiron a Blandin. Unha vez bispo, fixo confesar a Clodoveo un pecado que non se atrevía a dicir. Resucitou, exorcizou e bautizou a filla dun tribuno que estaba namorada del.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papa (175-189). De orixe grega ou búlgara, foi martirizado polos arianos.