"Fürth" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Iniciou os seus estudios fotográficos con Höffert (1892-1896) e adquiriu coñecementos de pintura na Kunstakademie de Dresden. Practicou un estilo fotográfico pitórico-impresionista. Especializado nos retratos de personaxes relacionadas coa cultura, a política e a sociedade alemá da época, abriu en 1906 un estudo propio no palacio de Lüttichau. Ata 1918 realizou impresións con goma e oleografías pigmentadas. Cofundador da Gesellscjaft Deustscher Lichtbildner (GDL), a sociedade fotográfica alemá en 1919, a partir de 1933 trasladouse a Colonia. Participou na mostra colectiva Photokina en Colonia e nunha exposición individual en Nova York. Recibiu a Medalla de Prata na Exposición Internacional de Fotografía Amateur en Erfurt (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do N de Baviera, Alemaña, 4 km ao NL de Nürnberg (109.711 h [2000]. É unha cidade industrial, no punto de confluencia entre os ríos Pegnitz e Rednitz. Ten fábricas de xoguetes, maquinaria, espellos, equipamento eléctrico e electrónico, instrumentos ópticos e de precisión e mobles, ademais de industria téxtil, cervexeira e química. A liña ferroviaria Nürnberg-Fürth foi a primeira de Alemaña (1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e naturalista alemán. Viaxou polo continente africano, especialmente pola conca alta do Nilo, por encargo da Academia Prusiana de Ciencias (1869-1871).
VER O DETALLE DO TERMO