"FENOSA" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Unión Fenosa.
-
PERSOEIRO
Escultor. Reaccionou contra o idealismo dos primeiros novecentistas. As súas primeiras obras foron pequenas figuras femininas de terracota. Realizou figuras caracterizadas polo seu acabado rugoso. Instalado en París en 1939, a súa obra volveuse máis expresiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Francisco Franco a Pedro Barrié de la Maza, segundo o Decreto do 1 de outubro de 1955. As súas armas levan, en campo de azul, un león de prata; no xefe, de ouro, oito cruces, de sabre, moventes da base; no timbre, coroa de conde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Barrié de la Maza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carmela Arias y Díaz de Rábago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bienal de pintura e escultura celebrada desde 1989 na cidade da Coruña, por iniciativa de Unión Fenosa. A súa finalidade foi a de potenciar a difusión internacional dos autores contemporáneos, especialmente dos galegos, a través de exposicións na propia cidade ou itinerantes. En 1993 abriuse ao contexto estatal e en 1997 ao portugués, internacionalizándose desde entón. A organización conta cunha financiación para adquirir parte da obra presentada e formar así un fondo artístico propio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea fundado por Unión Fenosa en 1995, na Coruña. Na súa sede atópase tamén o Museo Eléctrico. A orixe da súa colección está formada polas obras adquiridas nas mostras de pintura e escultura organizadas por Unión Fenosa desde 1989. Conta cunha importante representación da plástica galega. Entre outras actividades organiza os talleres para artistas, cursos e conferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa dedicada á produción de electricidade, formada tras a fusión de Unión Eléctrica SA e Fuerzas Eléctricas del Noroeste SA (FENOSA) en 1982. Trátase da terceira empresa eléctrica privada de España. Creouna en 1943 Pedro Barrié de la Maza. En 1955 absorbeu a Sociedad General Gallega de Electricidad, principal produtora de electricidade de Galicia, e posteriormente a outras empresas eléctricas de pequeno tamaño ata concentrar a maior parte da produción eléctrica de Galicia, onde teñen máis do 50% das súas vendas. A súa actividade principal é a xeración de enerxía eléctrica mediante o emprego de grupos hidráulicos, térmicos e nucleares. Controla a maioría dos saltos de auga galegos e ten centrais térmicas como a de Sabón e Meirama. Tamén realiza actividades mineiras, baseadas principalmente na explotación do xacemento de carbón de Meirama. Ademais introduciuse no sector do gas. Conta con participacións en AUNA e R, e con empresas como Norconsult, Soluziona ou Servinor. Desde 1983 publica...