"FIFO" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Sistema de organización de memoria na que se efectúa a ordenación interna de maneira que os datos se recollen na saída na mesma orde na que se introduciron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lofiformes.

    2. Peixe da orde dos lofiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos osteíctios, que presentan o corpo nu ou cuberto de tubérculos espiñosos. Teñen as aletas pectorais pedunculadas, os primeiros radios das aletas dorsais libres e transformados e os filamentos pescadores e as fosas branquiais reducidas a un simple furado situado detrás de cada aleta pectoral. Inclúe especies mariñas e bentónicas, como o Lophius budegassa (peixe sapo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitofiformes.

    2. Peixe da orde dos mitofiformes.

    3. Orde de peixes de pequeno tamaño, de corpo delgado, nú ou recuberto de escamas. Habitan en todos os mares, especialmetne nas rexións abisais, e moitos posúen fotóforo, polo que tamén se lles coñece co nome de peixes lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO