"Fanego" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Especialista en expresión vogal e en produción teatral. Participou na creación de Teatro do Adro, co que dirixiu o espectáculo Petición de man (1995), a partir do texto homónimo de Anton Pavlovič Čekhov. Tamén realizou diversos traballos como axudante de dirección en espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993) e Viaxe e fin de Don Frontán, producidos polo Centro Dramático Galego; A noite das tríbades (1996) e Vellos Tempos (1998), realizados por Teatro do Atlántico; Ministros pola cara (1997), de Encuadre Producións; ou Lugar Común, estreado por Teatro de Ningures en 1999. Tamén ten realizado diversos traballos para cine, participando como axudante de dirección na película A noiva de medianoite (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, tres montes de azul, con tres árbores de sinople, sumados a eles.

    VER O DETALLE DO TERMO