"Fao" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de santa Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo intergobernamental, pertencente ás Nacións Unidas e fundado en 1945, que ten como obxectivos mitigar a pobreza e reducir a fame promovendo o desenvolvemento agrícola, unha mellor nutrición e a procura da seguridade alimentaria, definida como o acceso de toda a poboación en todo momento aos alimentos necesarios para levar unha vida activa e saudable. Unha das súas prioridades específicas é fomentar a agricultura sostible e o desenvolvemento, co propósito de satisfacer as necesidades das xeracións actuais e futuras, mediante a promoción dun desenvolvemento que non degrade o medio ambiente e que sexa tecnicamente apropiado, viable dende un punto de vista económico e social. Conta con 183 estados membros e cunha organización membro, a Unión Europea. Dende a súa fundación, a produción de alimentos incrementou a súa velocidade ao dobre da velocidade do incremento da poboación humana, reducindo, dende a década de 1960 ata finais do s XX, desde un 50% a un 20% de poboación con fame. Malia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe da illa de Lesbos. Era un barqueiro vello, feo e pobre, que un día levou a Afrodita vestida de anciá, e como non lle cobrou, esta deulle en recompensa un bálsamo que o converteu nun fermoso mozo. Conta a lenda que Safo se namorou profundamente del pero, como non foi correspondida, suicidouse botándose ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO