"Fedón" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de escritura que consiste en trazar unha liña de esquerda a dereita e o seguinte de dereita a esquerda, de xeito que a lectura se produce sen saltos. Foi un sistema habitual nas inscricións gregas e tomou o seu nome pola súa semellanza cos regos que abren os bois arando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diálogo de Platón no que se recrean os últimos momentos da vida de Sócrates para falar sobre a inmortalidade da alma. Segundo Platón, trala morte física a alma non morre senón que chega á contemplación das ideas despois dun proceso de purificación necesario, posto que vive accidentalmente nun corpo que pertence ao mundo material, mentres que a alma pertence ao mundo espiritual. A alma é o que lle dá vida ao corpo e é tamén a facultade que coñece as ideas. Quen nace e quen morre é o corpo, non a alma, que é inmortal. O corpo corrompe a alma coas súas paixóns e as súas necesidades, por iso foi definido por Platón como un cárcere. O punto álxido do diálogo é cando o carcereiro interrompe a conversa para entregar a cicuta a Sócrates, quen a bebe ao considerar que a morte é un ben que libera a alma.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Vendido como escravo en Atenas, converteuse en seguidor de Sócrates. Tras acadar a súa liberdade fundou en Elis (399 a C) unha escola filosófica afín á de Megara e na que destacaban as cuestións morais e civís prácticas.
VER O DETALLE DO TERMO