"Fente" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico (s XII), trátase dunha construción dunha nave e ábsida rectangular. Nunha reforma posterior elevouse a nave e a ábsida e engadíuselle unha sancristía. O arco triunfal é de dúas voltas apoiadas sobre columnas de bases tóricas e capiteis decorados con aves, cabezas humanas e follas. Ten cuberta de madeira a dúas augas, igual que a tribuna que está enriba da entrada principal. No interior destacan o retablo maior, de estilo neoclásico (s XIX) con imaxes, entre outras as de san Martiño de Tours e santo Antonio de Padua, e o outro do s XVIII dividido en tres rúas e cun frontón partido, acolle as imaxes de santa María e san Pedro Nolasco. Na fachada destaca a espadana dun só van e o tímpano, que está apoiado sobre machetas xeométricas con lóbulos e que conserva o relevo dunha cruz de brazos iguais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no lugar da Torre en Monterroso. Durante o s XVI recibiu o nome de Vilanova de Monterroso. Pertenceu ao conde de Monterrei e ao duque de Alba. Foi utilizada polo Rei Afonso I na súa loita contra Afonso Reimúndez e Ramón de Borgoña. Tiña dúas plantas rematadas en dentes de serra e un arco apuntado de oxiva pronunciada cara ao exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fental.