"Filis" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente intelectual xurdida en Rusia no s XIX de carácter antioccidentalista. Seguidora do romanticismo e do idealismo alemán, reclamaba as calidades superiores dos eslavos, da súa cultura e da súa relixiosidade. Desde o punto de vista teolóxico, propugnaba o integralismo cognoscitivo que só era posible a través da consciencia ecuménica e mística, propia da Igrexa ortodoxa. Destacaron, entre outros, Konstantin Sergejevič Aksakov, Ivan Vasilenič Kirejevkij e Aleksej Stepanovič Khom’akov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína grega, filla do rei de Tracia. Á volta de Troia, Acamante (ou Demofonte) foi guindado nunha nave á costa de Tracia. Acollido polo rei do país, namorouse da súa filla, Filis, casou con ela e tivo dous fillos, Acamante e Anfípolis. Segundo outra versión, logo de manteren unha relación, o heroe ateniense partiu para Atenas coa promesa de volver e celebrar a voda; pero, aínda que Filis baixou nove veces da cidade á praia para recibilo, el non chegou e ela aforcouse coa desesperación. Conta tamén a lenda que foi transformada nunha amendoeira sen follas e, cando o heroe volveu e a abrazou entre bágoas, a árbore reverdeceu e agromaron as follas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de filisteo.
-
-
Relativo ou pertencente aos filisteos.
-
Individuo do pobo filisteo.
-
Pobo de orixe indoeuropea que, despois de fracasar no intento de invadir Exipto (1175 a C), se estableceu na rexión costeira de Palestina, situada entre o Monte Carmelo e Gaza. Organizaron unha confederación de cinco cidades estado formada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gath e Accarón, gobernada cada unha delas por un seran (soberano). Pasaron por tres fases, unha de expansión cara ao interior, en detrimento dos israelitas (s XI a C); outra de apoxeo (finais do s XI a C); e, finalmente, outra de decadencia, que se iniciou coa chegada ao trono de Xudá e Israel do Rei David, ata ese momento vasalo do rei de Gath. Trala derrota dos filisteos en dúas ocasións na chaira de Refaïm, preto de Xerusalén, durante o reinado de David foron sometidos polos israelitas e pouco a pouco diluíronse como pobo trala súa incorporación polos sucesivos imperios asirio, neobabilónico e persa. Coñécese o nome de dúas das súas divindades, Astarte e Dagón. Consérvanse escasas mostras da súa cultura, entre outras,...
-
-
Que ou quen ten un gusto artístico vulgar.
-
Que ou quen só ten en conta os intereses materiais.
-
-
-
PERSOEIRO
Historiador. Axudou a Dionisio o Vello a facerse co poder pero foi desterrado. Regresou no 367 a C, co goberno de Dionisio o Novo, e dirixiu a súa escuadra naval. Morreu durante a toma de Siracusa levada a cabo por Dión. Escribiu unha Historia de Sicilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afectación sifilítica do sistema nervioso tanto polo que respecta ao parénquima ou ao mesmo tecido nervioso como ao mesénquima (os vasos sanguíneos e as meninxes). Prodúcese no período terciario da enfermidade, e nela destacan a tabe dorsal e a parálise xeral progresiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa crónica, de transmisión sexual, que está causada pola bacteria Treponema pallidum. Evoluciona en tres períodos: o primario, que comprende o chancro de inoculación, acompañado por adenopatías rexionais; o secundario, que se inicia tras seis ou sete semanas e que se caracteriza por unha erupción cutánea (ou mucosa) xeneralizada, e o terciario, que se caracteriza por lesións viscerais escleróticas, especialmente localizadas no fígado, no esqueleto, na aorta e no sistema nervioso. Transmítese xeralmente por contaxio directo ou sexual (sífilis adquirida), ou de nai a fillo (sífilis conxénita). A súa diagnose confírmase mediante diversas reaccións serolóxicas (de Wasserman, VDRL, proba de Nelson, entre outras). OBS: Tamén se denomina gálico, lúes, mal cativo, mal francés e mal ruín.