"Fitero" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no val do río Alhama (2.083 h [1996]). As industrias alimentarias, a construción e o sector téxtil son as bases da súa economía. Tamén é unha importante estación termal. Do seu patrimonio cultural destacan o mosteiro de Santa María, a Cruz de Humilladero (s XVI) e Casa Soto (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro cisterciense situado en Fitero. Fundado no 1146 en Yerga por Afonso VII con monxes procedentes de Scala Dei, en 1152 trasladouse a Fitero. Converteuse en abadía nullius e abandonouse en 1834 coa desamortización. Do edificio, gótico cisterciense, só se conserva a igrexa, o claustro e a sala capitular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno doce cheo normalmente de crema ou nata e cuberto de chocolate quente. Pode ofrecer tamén unha preparación salgada e ás veces adoita acompañar pratos de carne ou de caza.

    VER O DETALLE DO TERMO