"Fitzroy" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
RIOS
Río do L de Australia. Nace na vertente marítima da Great Dividing Range e desemboca na baía de Keppel, ao S de Rockhampton, despois dun percorrido de máis de 600 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das cupresáceas, ao que pertence a especie Fitzroya cupressoides, endémica dos bosques subantárticos sudamericanos da cordilleira dos Andes e da costa de Chile. Caracterízase por presentar unha altura de ata 45 m, o tronco recto de ata 4 m de diámetro, a copa estreita piramidal e as follas perennes, con forma de escama, de 3 mm de longo, dispostas en verticilos de tres follas. É unha especie dioica de polinización anemócora; coas flores masculinas en amentos cilíndricos de ata 8 mm de lonxitude e as flores femininas en estróbilos globosos -de cor castaña, solitarios, de 8 mm de diámetro, constituídos por 9 escamas; as sementes presentan 2 ou 3 alas que facilitan a súa dispersión-. A madeira é lixeira, de cor castaña, resistente aos fungos e insectos e moi apreciada en carpintería.
-
PERSOEIRO
Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO