"Flinders" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ILLAS

    Illa do grupo das Furneaux, a máis grande do arquipélago, no estreito de Bass, ao NL de Tasmania. A cidade principal é Emita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Australia Meridional, ao L do lago Torrens. Sitúase en dirección N-S desde o lago Eyre ata o golfo de Spencer. Culmina no pico Saint Mary, de 1.189 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante inglés. Explorou a costa australiana (1795-1799) e comprobou que Tasmania era unha illa. Percorreu o litoral meridional de Australia, o golfo Spencer e o de Carpentaria, e a Great Dividing Range. Publicou, en dous volumes e un atlas, A Voyage to Terra Australis (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. Fundou e dirixiu no Cairo a British School of Archaeology, que se caracterizou polo interese nos descubrimentos menores e pola sistematización do material predinástico. Efectuou numerosas escavacións en Exipto e Palestina, e ensinou exiptoloxía en Londres (1892-1933). Das súas obras destacan Pyramides and Temples of Gizeh (1883) e Personal Religion in Egypt before Christianity (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO