Antiga cidade xónica situada na costa occidental de Asia Menor. Fundada segundo a lenda polos atenienses procedentes da Fócida cara ao s X a C, integrouse na Confederación Xonia dende o s VII a C. Destacou como punto de partida para expedicións de colonización no Mediterráneo Occidental e polas costas do S de España. Sobre o ano 600 a C fundaron Marsella e pouco tempo despois Empúries. Conquistada polos persas no 546 a C, os focenses emigraron masivamente ás colonias de Alalia e Massilia. Trala derrota contra os etruscos e os cartaxineses na Batalla de Alalia (537 a C), perdeu as súas colonias no Mediterráneo Occidental. Os romanos incorporárona á provincia de Asia no 196 a C.
Asteroide número 25 do catálogo, descuberto o 6 de abril de 1853 polo astrónomo francés Jean Chacornac (1823-1873) dende Marsella. A órbita ten unha excentricidade de 0,253 e o semieixe maior vale 2.402 UA. A inclinación do plano orbital respecto ao de Xúpiter é de 22° 9’ e o período sideral é de 1.358 días. Na oposición a magnitude aparente é de 10,5.