"Foix" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
CAPITAIS
Capital do departamento francés de Ariège, na rexión dos Midi-Pyrénées (9.109 h [1999]). Centro turístico, tamén destaca a industria siderúrxica. Naceu ao redor do oratorio erixido por Carlomagno que no s X se converteu na abadía de Saint Volusien. Do seu patrimonio cultural destacan a antiga igrexa abacial e o castelo dos condes de Foix (s XI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, xornalista e ensaísta. Asinaba como J. V. Foix e converteuse nun dos fundadores máis activos da Acció Catalana. Editou Monitor (1921-1923), dirixiu a revista Trossos e foi redactor de L’Amic de les Arts (1926-1928) e de Quaderns de Poesia (1935-1936). Da súa produción destaca Gertrudis (1927), KRTU (1932), On he deixat les claus? (1953), L’estrella d’en Perris (1963) e Darrer comunicat (1969). Membro do Institut d’Etudis Catalans (1961), recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1973), a Medalla d’Or de la Ciutat de Barcelona (1980), a Medalla d’Or da Generalitat (1981) e o Premio Nacional de las Letras Españolas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica francesa ao redor de Foix, no Languedoc pirenaico. Na época romana formou parte da Civitas Conseranorum e baixo os visigodos e os francos pertenceu ao ducado de Aquitania, ao condado de Tolosa e ao condado de Carcassonne. Condado independente dende o s XI baixo o goberno de Roxelio I de Foix, participou na política interna dos condados cataláns e estableceu alianzas matrimoniais coa familia dos vizcondes de Castellbó. A comezos do s XIV, apoiados polos monarcas franceses, tentaron facerse coa Coroa de Aragón con pouco éxito. En 1436 Gastón IV de Foix casou con Eleonor de Aragón, princesa de Viana, e trala súa proclamación como herdeiros do Reino de Navarra (1455), os dominios territoriais da casa de Foix acadaron a súa maior extensión. Sucedeunos Francisco Febo (1472) e no 1483 o condado pasou á súa irmá Catarina I e ao seu marido Xoán II de Albret (Xoán III de Navarra). No 1512 foron desposuídos do Reino de Navarra, do vizcondado de Castellbó e dos seus anexos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre (1302-1315), vizconde de Bearn (Gastón VIII), de Castellbò e de Moncada, e señor de Andorra, fillo e herdeiro do conde Roger Bernat III de Foix. Acompañou o Rei Luís X de Francia na campaña de Flandres. Trala súa morte deixoulle os seus dominios franceses ao seu fillo máis vello, Gastón II de Foix, e os cataláns ao seu segundo fillo, Roger Bernat III de Castellbò.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre, vizconde de Bearn (Gastón IX), e señor de Andorra e de Donasà (1315-43), fillo e herdeiro de Gastón I e de Xoana de Artois. Apoiou o Rei Xaime III de Mallorca contra Pedro IV o Cerimonioso e participou xunto a Afonso XI de Castela e León na campaña contra os benimeríns. En 1335 obtivo do rei de Francia a senescalía de Toulouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre (1343-1391), vizconde de Bearn (Gastón X), de Marsan, de Oloron e de Lautrec e señor de Andorra e de Donasà, fillo de Gastón II de Foix. Coñecido tamén por Gastón Phébus, estivo ao servizo do Rei Filipe VI de Francia na Guerra dos Cen Anos. Mantivo, grazas aos numerosos recursos económicos dos seus territorios, unha corte fastosa en Orthez. Morreu sen descendencia, polo que os seus estados pasaron á coroa. Carlos VI de Francia recoñeceulle os dereitos sucesorios de Mateo I de Castellbò a cambio dunha compensación económica. Foi autor do Livre de la chasse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix (1436-1471) e de Bigorre (Gastón I, 1436-1471), vizconde de Bearn (Gastón XI, 1436-1471), de Castellbò (Gastón II, 1423-1462), de Narbonne (Gastón I, 1447-1468), fillo e sucesor do conde Xoán I de Foix. En 1434 casou coa infanta Leonor de Navarra, filla de Xoán II de Navarra, quen os proclamou herdeiros ao trono navarro polo Tratado de Barcelona (1455) tras desherdar o príncipe de Viana e a infanta Branca. Axudou a Carlos VII de Francia a recuperar do poder inglés a Guyenne, polo que recibiu o condado de Foix, e liberou a Raíña Xoana Enríquez do sitio de Girona (1462), polo que foi recompensado co señorío de Carcassonne. En 1471 aliouse co duque Francisco II de Bretaña contra Luís XI de Francia e ao ano seguinte pasou a Navarra, onde se puxo á fronte do partido beaumontés, defensor dos dereitos da súa muller.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor moi versátil, como poeta pertenceu ao grupo dos “novísimos” (Los espías del realista, 1990). Relacionouse co cine como crítico, guionista e realizador (Sagitario, 2001), e foi tamén crítico da arte e tradutor de obras de Shakespeare (El mercader de Venecia, 1992). No campo da dramaturxia escribiu Los abrazos del pulpo (1985) e Seis armas cortas (1998). En 1970 publicou a súa primeira novela, Museo provincial de los horrores, á que seguiron Busto (1973, Premio Barral), La comunión de los atletas (1979), Los padres viudos (1984, Premio Azorín), La quincena soviética (1988, Premio Herralde), La mujer sin cabeza (1997) e El vampiro de la calle Méjico (2002, Premio García Ramos).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.448 h [2001]). Ten cultivos de secaño, viñas, para a produción de viños escumosos, froiteiras e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.703 [2001]). A súa economía baséase na agricultura, nas manufacturas metálicas e nos materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón. Casou con Fernando II de Aragón polo segundo tratado de Blois (1505) e deu a luz un neno morto (1509), o que truncou a separación dos reinos de Aragón e Castela. Foi lugartenente de Catalunya, Aragón e València.
VER O DETALLE DO TERMO