"Francelos" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Francelos (Ribadavia). Está documentada a súa existencia no s X e puido ser mosteiro beneditino, baixo a advocación de santa María (s XI). Trátase dunha pequena construción que puido ter, en orixe (ss IX-X), tres naves. Combínanse os elementos visgodos cos asturianos. A parte máis antiga que se conserva é a fachada, aínda que o pórtico é posterior. A porta principal é de arco de ferradura visigodo cun lintel abovedado; o arco apóiase en dúas semicolumnas pegadas ás xambas, erixidas sobre un pedestal rematado e bases formadas por dúas molduras, os fustes decóranse con formas vexetais e os capiteis con follas sinxelas. Ás beiras dos capiteis atópanse dous relevos figurados que se identificaron coa Entrada en Xerusalén, o da dereita, e, coa Fuxida a Exipto, Balaán detido polo anxo ou de novo a Entrada en Xerusalén, o da esquerda. Á dereita da porta consérvase unha celosía pétrea enmarcada por unha soga que, agás na parte inferior, se combina...

    VER O DETALLE DO TERMO