"Franck" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Marie Alexandre Gobinet de Villecholes.
-
PERSOEIRO
Físico e químico. Colaborou no proxecto Manhattan, que desenvolveu a bomba atómica, confirmou as teorías de Bohr e descubriu a transmisión de enerxía en sistemas atómicos en estado de fluorescencia. En 1926 descubriu o principio Franck-Condon en colaboración con E. V. Condon. No 1925 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con L. Hertz, polo descubrimento das leis do impacto dun electrón cun átomo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico alemán. Sacerdote católico ata 1518, posteriormente foi predicador luterano. Foi autor de Geshichtsbibel (Biblia histórica, 1531), Paradoxa (1534), Weltbuch (Libro do mundo, 1534) e Kiegsbüchlein des Friedens (Libro militar da paz, 1539).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que a distancia entre os núcleos dos átomos dunha molécula non cambia ao producirse unha transición electrónica cando as moléculas absorben enerxía. Foi descuberto en 1926 por J. Franck en colaboración con E.V. Condon.
-
PERSOEIRO
Teólogo e educador. Profesor e pastor protestante en Halle, foi unha das figuras máis veneradas do pietismo. Abriu, na súa casa, unha escola e un orfanato. Escribiu Praelectiones hermeneuticae (1712) e Monita pastoralia theologica (1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Director de construcións dos duques de Brunswick-Wolfenbüttel, foi autor da Universidade de Helmstedt (1592-1597) e da Marienkirche de Wolfenbüttel (1604-1625), igrexa protestante con bóveda gótica con ornamentación renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de pintores flamengos activos en Anveres nos ss XVI e XVII. Frans I Francken (1542?-1616?) pintou temas históricos e relixiosos. O seu fillo Frans II Francken (1581-1642) cultivou a paisaxe, as escenas de xénero e a pintura histórica caracterizadas polo cromatismo.
VER O DETALLE DO TERMO