"Gabriel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
PERSOEIRO
Psicanalista norteamericano de orixe húngara. En 1930 trasladouse aos EE UU onde organizou o Instituto de Psicanálise de Chicago (1932), que dirixiu ata 1956, e presidiu tamén a Asociación Americana de Psicanálise (1938-1939). Os seus campos de interese foron a aplicación dos principios psicanalíticos á criminoloxía, á medicina psico-somática e á psicoterapia analítica breve. Entre outras obras é autor de Fundamentals of Psychoanalysis (1984), Psychosomatic Medicine (1950) e The Scope of Physhoanalysis: 1921-1961 (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politólogo norteamericano. Ensinou ciencias políticas nas universidades de Yale, Princeton e Stanford. Da súa produción, destacan os seus ensaios The American People and Foreign Policy (O pobo americano e a política exterior, 1950) e Political Development (Desenvolvemento político, 1970), nos que adopta unha análise estrutural funcional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, poeta modernista e político. Embaixador da República Española, en Italia (1932-1934) e no Exipto (dende 1937), onde residiu como exiliado (dende 1939) ao rematar a Guerra Civil Española. En Barcelona foi un importante pero tardío teorizador do modernismo El futurisme (O Futurismo; conferencia, 1904), A estética arbitraria (1904-1905) e colaborou en El Poble Catalá baixo o pseudónimo Fòsfor. Fixo colaboracións no Imparcial, España e La Nación de Bos Aires, e libros como Verba (1918), prologado por Azorín. Cultivou a poesía e a narración, pero renunciou a dedicarse ao ensaio político-cultural e ao xornalismo. A partir dun revolucionarismo tradicionalista e estetizante decantouse cara a posicións políticas máis concretas e esquerdistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, bibliotecario, secretario de Filipe V e un dos fundadores da Real Academia Española. A súa obra poética consta de composicións satírico-burlescas, de entre as que destaca a parodia épica La Burromaquia, e de poemas filosóficos e relixiosos, influídos por Quevedo. Escribiu tamén a Historia de la Iglesia y del mundo (1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Estudiou Leis en Salamanca e exerceu como avogado nos Consellos Reais. No 1636 foi nomeado Oidor da Real Audiencia de Santa Fe, en Nova España, e no 1648 Fiscal do mesmo organismo. Escribiu en latín e en castelán, destacando entre as súas obras Del juez perfecto, Axiomas del Derecho e Distinción de lo temporal y lo eterno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriele D’Annunzio.
-
PERSOEIRO
Escritor vasco, auténtico innovador da poesía éuscara. Maldan Behera (Costa abaixo, 1960) está considerada como a súa obra mestra. Tamén tentou innovar no teatro conxugando vangarda con carácter popular. Destaca o seu libro Eta gure heriotzeko orduan (E na hora da nosa morte, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e funcionario. Marqués de Avilés, fillo de José de Avilés e Iturbide. Marchou a América para exercer o cargo de tenente coronel de dragóns (1769). Tomou parte na represión do alzamento de Tupac Amaru (1780-1781). Chegou a ser gobernador de Chile (1796), e vicerrei do Río da Prata (1799) e do Perú (1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriel Mörch.
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Fundou a facultade de Teoloxía da Universidade de Tübingen. Partidario do nominalismo occamiano e da vía moderna, influíu sobre moitos teólogos dos ss XVI e XVII, mesmo sobre Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Cursou estudios de Dereito Canónico. Foi cronista real e bibliotecario de Fernando de Austria. Influído por Góngora, é autor, entre outras obras, de Rimas y Prosas (1627), La lira de las musas (1637), El nuevo Olimpo (1648) e Fiesta real y votiva de toros (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. É o autor do castelo de Lunéville (1703-1706), de estilo clásico. Rematou a Catedral de Nancy (1742), iniciada polo seu mestre Jules Hardouin-Mansart. Na igrexa de Saint-Jacques de Lunéville (1730-1749), aproximouse ao Barroco alemán. Construíu diversos hôtels parisienses, como o Amelot (1710-1712) ou o Torcy (1714). Foi un dos creadores da ornamentación rococó: interior do hôtel Soubise (1735-1740), hoxe sede dos arquivos nacionais. Traballou para o duque de Lorena (châuteau de Lunéville, 1702 e 1706) e para o elector de Baviera. Publicou Livre d’architecture contenant les principes généraux de cet art (Libro de arquitectura que contén os principios xerais desta arte, 1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriel Bonnot de Mably.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Estudiou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como cargo directivo en diversas empresas. De ideoloxía conservadora, en 1978 ingresou en Alianza Popular (desde 1989 Partido Popular). En 1983 chegou á presidencia da Comunidade Autónoma das Illes Balears con este partido. Revalidou o cargo en 1987, en 1991 e en 1995, pero tivo que dimitir acusado dun delito de suborno na construción do túnel de Sóller.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora francesa. Especializouse nos retratos, nas miniaturas e na pintura ao pastel. O seu estilo inclúese no neoclasicismo. Entre as súas obras salientan o retrato de Andrè Chénier e da princesa Adelaida, amais do busto de Voltaire e un autorretrato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor paraguaio. Cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan as obras: La babosa (1952), onde mestura o castelán e o guaraní, La llaga (1964) e Los exiliados (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriel de Las Casas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rafael Múgica.
-
PERSOEIRO
Modista francesa. Coñecida como Coco Chanel, en 1916 abriu unha casa de modas en París, desde a que impuxo un tipo de vestido no que a elegancia é sinónimo de simplicidade e liberdade de movementos. Puxo de moda os vestidos de xénero de punto e os xastres. Creou bixutería e tamén perfumes. Despois da súa morte, a casa continúa o seu estilo.
VER O DETALLE DO TERMO