Gabriel/Gabriela
Gabriel/Gabriela
[ONOM]
Antropónimo derivado do nome hebreo Gabriél, nome teofórico que contén un dos nomes de Deus; no seu primeiro elemento contén o radical verbal gabar ‘ser forte’, de aí que se interprete o nome dalgunha destas maneiras ‘Deus é forte’, ‘Deus amosou ser forte’ ou ‘forza de Deus’. Para outros, está en relación co nome asirio Ilugabri, que pasa ao hebreo ou ao arameo gheber ‘home’, e de aí ‘home de Deus’, ‘heroe de Deus’. O arcanxo Gabriel celébrase o 29 de setembro.