"Galicia Libre" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter republicano editada en Bos Aires a partir do 18 de xuño de 1937. Cesou a súa edición aos tres ou catro meses. Subtitulouse “Semanario popular informativo”. Fundado e dirixido por Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, nos seus artigos tentaba difundir os dereitos do pobo galego á súa autodeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -quincenal, editada en Madrid durante os anos 1937 e 1938 pola Agrupación de Gallegos Libertarios, baixo a dirección do mestre ourensán Samuel Gómez González. A partir do nº22 (15.5.38) pasou a denominarse “Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios”. En total imprentáronse 37 números en Madrid; trasladáronse a comezos de 1939 a València, onde se confeccionaron dous máis. Nas súas páxinas agrupou os colectivos de combatentes galegos que loitaban a prol da República e que se identificaban coa ideoloxía anarquista; entre eles podense citar Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, Xosé Ledo e Luís Chamorro. Tamén dende América, onde o periódico tiña abondosa distribución, houbo colaboradores na emigración galega, e destacaron as achegas do publicista Campio Carpio dende Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO