Publicación de tendencia nacionalista editada dende xaneiro ata novembro de 1977 en Xenebra pola AN-PG. Subtitulouse “Información prá Emigración Galega”. Posteriormente, converteuse en voceiro dunha asociación homónima.
Revista editada a partir de xullo de 1983 no Grove. Subtitulouse “Cadernos de información cidadán” e foi a voceira do Partido Galeguista da agrupación comarcal de Arousa. Ademais de información interna e documentación histórica do partido, incluíu artigos sobre destacados escritores galegos e recensións de obras da literatura galega.
Programa radiofónico emitido por CW 1 Radio Colonia a partir do 19 de setembro de 1991. Sintonizábase en Uruguay e Arxentina. Dirixido e presentado por Juan Carlos Iniesta-Vázquez, tentaba ser un instrumento para difundir información sobre as orixes dos emigrantes. Incluíu reportaxes sobre temas galegos e tivo unha estreita colaboración coa Radio Galega. O programa recibiu o Premio Galicia de Xornalismo 1992 na especialidade de radio.