"Gemini" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Xémini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo do programa Gemini que serviu de ponte tecnolóxica entre os do programa Mercury e os do Apolo. Consta de tres elementos: o módulo de mando, centro de control e habitáculo da tripulación e o único que era recuperable, o módulo de impulso, con catro motores de retroacción destinados a conseguir a entrada na atmosfera, e o módulo de equipamento, provisto dos motores de posición, das reservas de osíxeno e hidróxeno, e dunha parte do sistema de acondicionamento da cabina habitada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de desenvolvemento espacial dos EE UU constituído por doce voos, que se levaron a cabo ata o 15 de novembro de 1966. Os obxectivos primordiais destes voos foron a experimentación da tolerancia humana á ausencia de gravidade, o ensaio das técnicas de cita e acoplamento, a realización de actividades fóra do vehículo e o ensaio do retorno guiado.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Estudiou con Corelli e A. Scarlatti en Roma. En 1714 viaxou por Inglaterra, onde conseguiu éxitos como violinista e publicou un dos primeiros métodos de violín. Residiu en París, onde estreou o ballet La forêt enchantée (1754). Deixou sonatas para violín e clave e concerti grossi.
VER O DETALLE DO TERMO