"Germinal" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de Estudios Sociales Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bimensual, defensor do ideario libertario entre os traballadores, publicado na Coruña como voceiro do Centro de Estudios Germinal entre 1904 e 1905. Confeccionado na imprenta do xornal Tierra Gallega, entre os seus colaboradores figuraban coñecidos militantes anarquistas da capital herculina, como José Sanjurjo, Marcial Lores, Ricardo Cotelo, José Suárez Duque, Manuel Martínez Pérez ou o autor teatral Miguel Martínez. Tivo unha ampla distribución no resto de España, Arxentina, Cuba e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario ácrata editado en Sabadell a partir de 1904 que se autodenominaba como socialista. Posteriormente, co mesmo nome, apareceu como voceiro da Federación de Sociedades Obreiras, adscrita á CNT. En 1925 cambiou a súa cabeceira pola de Frutidor, e finalmente (1932-1934, 1937-1938), pola de Vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter anticlerical e de ideario socialista, aparecido en Viveiro o 15 de setembro de 1906. A publicación, que contou entre os seus colaboradores con Antón Vilar Ponte, xunto con outros correlixionarios da agrupación socialista viveirense, levaba impresa na cabeceira o lema de “Ni Dios ni Amo”, repartíase de balde e declaraba o seu compromiso a prol dos intereses obreiros. No ano aproximado de existencia do periódico, sufriu nalgunha ocasión a censura eclesiástica polo seu contido crítico coa relixión católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario anarquista editado en Vigo entre 1909 e 1910. Foi dirixido por M. Hidalgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña na imprenta Moret. Subtitulábase “Revista de Orientación agropecuaria y sociológica”. Con periodicidade mensual só saíu o primeiro número o 15 de xuño de 1936. Dirixida por Vicente Díaz Veiga tentaba encher o baleiro da prensa anarcosindicalista dedicada en exclusiva ao agro.

    VER O DETALLE DO TERMO