"Goián" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Ferreira de Pantón. Formada por varios corpos erixidos en diferentes épocas, a súa planta ten forma de L. Conserva dous patios e unha capela integrada no edificio da que sobresae o campanario na fachada principal. Nesta, presenta unha solaina do s XVIII e dous escudos coas armas dos López de Lemos, Valcárcel, Breganzos e Enríquez, e coas dos Saco, Ribadeneira, Quiroga e Valboa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Goián (Tomiño) que defendía a fronteira portuguesa. Construída en 1673, estaba rodeada por muros de pedra e terra. Consérvase a muralla, a porta e a ponte que conducía a esta, formada por cinco arcos. Na porta consérvase unha inscrición coa data da súa construción. Tiña construcións adxacentes como capela, almacéns, polvoríns, cortes e barracóns para as tropas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Goián (Tomiño). Ten planta rectangular. Rehabilitouse para converterse nun establecemento hoteleiro. Na porta principal destaca un escudo do s XVIII. Ás beiras da porta consérvanse dous balcóns erixidos sobre ménsulas e cara á zona posterior unha solaina cuberta. Está rodeada cun muro de pedra no que se insire unha pequena capela.
-
-
Relativo ou pertencente a Goián ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Goián.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Goiás, na rexión central de Brasil (1.083.396 h [2000]). Está situada no altiplano central. Fundada en 1933 en substitución da antiga capital Goiás, experimentou un rápido crecemento demográfico. É un centro agrícola, gandeiro e mineiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Sadurniño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, catro faixas ondadas de azul. Algúns levan, en campo de prata, unha serea sostida en ondas de azul e prata, en punta. Outra variante ostenta, en campo de ouro, dúas aciñeiras de sinople, colocadas en faixa e un lobo andante de prata, linguado de goles, entre os seus troncos. Adoita aparecer castelanizado coa forma Goyanes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lampón (Boiro). Ten planta en forma de L e conserva nun dos seus extremos unha torre que remata nunha balaustrada.
-