"Gondar" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
-
-
-
ariante do antropónimo masculino Gundar.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha banda de sinople, cargada de tres vieiras. Algúns levan, en campo de azul, unha torre de prata, e gabeando por ela, unha silva, de sinople.
-
-
GALICIA
Antropólogo e etnógrafo. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Bases para unha antropoloxía aplicada na Galicia rural (1979), A Morte (1987), Romeiros do alén (1989, Premio da Crítica 1990), Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega (1991), Espiritados. Ensaios de Etnopsiquiatría galega (1992), en colaboración con E. González Fernández, Crítica da razón galega: entre nós-mesmos e nós-outros (1993). É membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Galegos do CSIC, do Padroado do Museo do Pobo Galego, da European Association of Social Anthropology (EASA) e do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Gondar (Sanxenxo) e construída no s XII. O seu fundador foi Diego Arias González de Deza. Foi señorío de Paio Gómez Charino e, posteriormente, feudo de María Álvarez e Diego Álvarez de Sotomayor. Destruída parcialmente durante o conflito dos Irmandiños no s XV, derrubouse a comezos do s XVI por orde de Fernando de Acuña, capitán xeneral de Galicia. O morgado de Gondar fundouno Luís Bermúdez de Aldao, ou de Castro, en 1545. Non se conservan restos da mesma, aínda que, por descricións antigas, se sabe que tiña unha torre illada, un portal con ameas e unha casa con seteiras e grande escaleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xeve (Pontevedra). Ten a súa orixe nunha antiga fortaleza. Construído cara a 1703, segundo unha inscrición do lintel da porta, destaca pola súa fachada cunha escalinata barroca con balaústres e patín cuberto.