"Gore" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
PERSOEIRO
Poeta romanés que participou na Revolución do 1848. Iniciouse baixo a influencia do Romanticismo francés e evoluíu cara a formas máis tradicionais. A súa obra componse de fábulas, sátiras e poemas de tema histórico, de carácter lírico-patriótico, foi recollida no 1863 co título Meditatii, elegi, apistole, satire si fabule.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica, variante da ironía, que se produce cando un suxeito finxe deliberadamente aceptar un reproche ou unha acusación, co fin de crear no receptor unha reacción de rexeitamento fronte á súa autoacusación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou atributo pola que un obxecto se clasifica nunha ou noutra categoría.
-
-
Relativo ou pertencente ao categorema.
-
Relativo ao termo que ten significado propio, como o substantivo, o verbo, o adxectivo ou outros, fronte a aqueles que só indican relación como a preposición e a conxunción.
-
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Escribiu unha serie de sonetos políticos de inspiración güelfa e outra serie, incompleta, sobre a virtude do cabaleiro. Destacan as dúas coleccións de sonetos I sonetti della settimana e I sonetti dei mesi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao subxénero cinematográfico que mestura fantasía e terror e que comezou a xestarse nos anos sesenta no cine de serie B estadounidense. A primeira película deste subxénero foi Blood Feast (1963), producida por David F. Friedman e dirixida por Herschell Gordon Lewis.
-
PERSOEIRO
Pintor inglés. Formouse na Slade School of Fine Art de Londres (1896-1899). Viaxou por Francia, onde coñeceu a técnica dos impresionistas, e por España. Foi o primeiro presidente do Camden Town Group e pertenceu ao London Group. Das súas obras destaca The Mad Pierrot Ballet, the Alhambra (1905?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana téxtil que descubriu en 1969 Bob Gore a partir dun procesamento especial do politetrafluoroetileno (PTFE), do que se obtén unha estrutura téxtil microporosa, lixeira, impermeable e transpirable, que se utiliza en múltiples aplicacións, sobre todo para a confección de pezas de roupa e calzado.
-
-
Protexer a alguén contra un dano ou perigo.
-
Protexer algo ou alguén das inclemencias do tempo.
-
Protexerse dunha situación perigosa ou dalgún dano.
-
Protexerse do frío e das malas condicións meteorolóxicas.
-
-
PERSOEIRO
Poetisa. Coñecida co pseudónimo de Anna Andrejevna Akhmatova, adscribiuse ao movemento do acmeísmo. A súa lírica xira ao redor do amoroso e tamén escribiu poemas patrióticos. Publicou Vecer (1912), C’otki (1914) e Anno domini MCMXXI (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gustar moito unha comida.
-
Producir algo agrado, satisfacción ou gusto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que gorenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pobre’.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos promotores do “novo cine suízo”. Os seus filmes reflicten unha minuciosa observación da realidade social do seu país, como L’invitation (1973), La dentellière (1977) ou La Fouine (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que fala de máis e que conta cousas que debería calar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Corinaldo, Ancona 16.10.1890 - Nettuno, Lacio 5.7.1902) Virxe e mártir. Morreu martirizada por defender a súa pureza e foi canonizada en 1950. A súa festividade celébrase o 6 de xullo.
-
PERSOEIRO
Pianista. Formado en Belgrado e Moscova, na Escola Central de Música e no Conservatorio Chaikovski, destaca fundamentalmente na interpretación da obra pianística de Bach, Beethoven e Chopin cunha técnica brillante e moi expresiva. En 1977 coñeceu a Alice Kerezade, quen o atraeu cara á escola pianística de Liszt. Preocupado pola formación de novos músicos, en 1988 foi designado embaixador de boa vontade da UNESCO e creou un organismo en Croacia para dotar de bolsas de estudos a novos talentos musicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e político, I marqués de Molíns, vizconde de Rocamora e Grande de España. En 1836 deuse a coñecer como dramaturgo con Dona María de Molina (1836). Foi director da Real Academia Española desde 1865, membro do Partido Moderado, ministro de Comercio, Instrución e Obras Públicas (1847), de Mariña (1847-1849, 1849-1851, 1874-1875), de Estado (1879) e deputado polo distrito de Ferrol (1850-1851 e 1853-1854) e por outros distritos e provincias españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, III marqués de Molíns, I marqués de Rocamora, III vizconde de Rocamora, fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco. Pertenceu ao corpo diplomático e careceu de distrito electoral propio polo que representou a diversas provincias. En Galicia foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en dúas ocasións entre 1905 e 1910.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Doutora en Filoloxía Galego-portuguesa (2001), é profesora titular desta especialidade na Universidade da Coruña desde 2003, membro do consello de redacción da Revista Galega de Filoloxía e da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, e directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2004). Publicou O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita) (2002), Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936) (2002), Os (pre)textos galegos (1863-1936) (2002) e, en colaboración, A lingua literaria galega no século XIX (2005). Tamén editou, xunto con Manuel Ferreiro, A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera (2002), de Ramón Cabanillas. Recibiu, en colaboración, o XVIII Premio Ánxel Fole polo traballo “Nicomedes Pastor Díaz. Unha existencia exemplar”.
VER O DETALLE DO TERMO