"Graz" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
-
Uva verde aínda non sazonada.
-
Zume obtido de uvas verdes, de gusto amargo, empregado como refrescante na alimentación e na medicina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Betanzos. Descende dun cabaleiro que estando ao servizo do Rei Alonso II o Casto foi quen de botar os mouros da Coruña nunha loita desenvolvida nun campo de vides que tiña o froito en agraz (aínda sen madurar), de onde probablemente tomaría o nome. Cabaleiros desta caste foron a Castela no 1246 para axudar a Fernando III o Santo na conquista de Jaén e, nestas terras andaluzas, fundaron outra casa. As súas armas levan, en campo de ouro, dous acios de agraz pendurados dun bacelo de videira con follas da súa cor natural, ao igual ca os cangallos.
-
PERSOEIRO
Lingüista e filólogo italiano, introdutor do Comparatismo no seu país e un dos grandes indoeuropeístas e romanistas do s XIX. Autodidacta. A primeira parte da súa carreira estivo consagrada ao indoeuropeo, e a segunda ao románico e ao celta. A teoría do consonantismo indoeuropeo é, en gran parte, obra súa. O segundo período da súa investigación iniciouse no 1873, coa fundación da revista Archivio Glottologico Italiano que dirixiu ata 1901. Por mor do seu interese céltico, centrou moitos dos seus estudios na teoría do substrato en boa medida formulada por el; así mesmo realizou a edición de textos célticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista italiana. As súas primeiras novelas (Elias Portolu, 1903) destacan pola descrición de paisaxes e costumes sardos. Da súa produción sobresaen, entre outras obras, Cenere (Cinzas, 1904), Colombi e sparvieri (1912), Canne al vento (Canas ao vento, 1913), Cosima (1937). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land de Estiria, Austria, a 180 km ao SO de Viena, (240.967 h [1996]). Está situada á beira do Mur. Un contraforte dos Alpes, o Schlossberg (471 m), domina a cidade. Posúe talleres ferroviarios, fábricas de vehículos e industria téxtil de la, coiro e cervexa. É un centro universitario: Karl-Franzens Universität Graz, fundado en 1586. Construída ao redor do castelo, converteuse no s XII nun importante centro comercial. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a catedral gótica, as casas do Burg, o castelo de Eggenberg (s XVIII) e o edificio da Opera (s XIX). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 e ostentou en 2003 a capitalidade europea da Cultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso da Península Ibérica que constitúe o extremo occidental das Cordilleiras Béticas, ao NL da provincia de Cádiz. Culmina a 1.654 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar italiano. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou na fronte austríaca. Na campaña de Etiopia (1936) foi nomeado mariscal e vicerrei (1937). Ministro da Guerra durante a República Social Italiana, en 1945 foi xulgado e encarcerado ata 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Fundou a Accademia della Crusca e da Accademia degli Umidi. Empregou o pseudónimo de Lasca e propugnou un retorno á literatura toscana dos ss XIII e XIV fronte á tendencia clasicista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Engràcia Pareto i Homs.