"Groenlandia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa da rexión polar ártica (2.175.600 km2; 55.986 h [estim 2001]). A capital é Nuuk, tamén chamada Godthåb (14.042 h [2001]). Depende administrativamente de Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Ó O está separada dos territorios árticos americanos polo estreito de Baffin e limita ao L e ao N co mar de Groenlandia e o Atlántico Norte, respectivamente. Ten forma alongada e esténdese no sentido da latitude, do cabo Morris Jesup, ao N, ao cabo Farvel, ao S. Desde o punto de vista estrutural, forma parte estrita do escudo laurentiano. Unha depresión tectónica divide a illa en dous altiplanos principais, un ao S e outro ao N, cubertos desde o Cuaternario por unha masa de xeo, que se estende aproximadamente polo 85% do territorio, formando un vasto inlandsis. As zonas costeiras libres de xeo presentan os accidentes típicos da erosión glacial con fiordes. O territorio acada altitudes superiores aos 3.000 m; a máxima altitude é o Gunnbjørn Fjeld (3.700 m).... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar situado ao L de Groenlandia, que limita ao N co Ártico, ao S polo estreito de Dinamarca (entre Islandia e Groenlandia), e ao L polas illas Svalbard.