"Gudín" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, presentou a súa obra en varias exposicións provinciais. Pintor só de paisaxes e mariñas. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou o retablo da capela maior da igrexa parroquial de Salta (Vimianzo) e a imaxe da Virxe situada no altar maior desa mesma igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Alcalde da Coruña (1895, 1900 e 1902-1903). Durante o seu mandato organizou unha nova traída de augas e a rede de sumidoiros; así mesmo, foi promotor das obras do Ensache, conseguiu escalas de trasatlánticos, etc. Colaborou activamente coa Cámara de Comercio, coa Xunta de Obras do Porto e con outras institucións oficiais; presidiu a Reunión de Artesáns e o Sporting Club, á fronte dos cales realizou frutíferas xestións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou, entre outras obras, os retablos de San Miguel da igrexa de Santa Comba de Cordeiro (1742), da Virxe do Carme en Santa María a Antiga na Pobra do Caramiñal (1766) e dous colaterais para o convento do Carme en Padrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación dos santos Martiño e Pedro que lle dá nome ao concello da Gudiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Viana, situado na provincia de Ourense no extremo sudoriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo ( os dous da comarca de Viana), ao L co da Mezquita (Viana), ao O cos de Castrelo do Val e Riós (os dous da comarca de Verín) e ao S co de Riós (Verín) e con Portugal. Abrague unha superficie de 171,4 km 2 cunha poboación de 1.583 h (2007), distribuídos nas parroquias de Barxa, O Canizo, Carracedo da Serra, A Gudiña, Parada da Serra, Pentes, San Lourenzo de Pentes e O Tameirón. A capital municipal é a vila da Gudiña, na parroquia homónima, situada a 42° 3’ de latitude N e 7° 18’ de lonxitude O, 110 km ao SL de Ourense e 224 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Verín e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello atópase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánicos húmido, continental e de montaña, debido á súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Encoro provocado pola presa de Vilagudín na confluencia dos ríos Maxarín e das Cerdeiras, afluentes do Lengüelle, da conca do Tambre, no límite entre as parroquias (e concellos) de Gorgullos (Tordoia), Lesta (Ordes) e Xesteda (Cerceda). Ten un aproveitamento piscícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao SO do pantano de Almendra (3.034 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO