"Guimarães" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Braga, Portugal, no Entre Douro e Minho, a 50 km ao NL de Porto (22.054 h [1981]). Situada preto do río Ave, experimentou un rápido crecemento grazas á industria (téxtil) e á súa famosa coitelería. Aínda que elevada á categoría de cidade en 1853, está considerada o berce do Reino de Portugal, ao ter sido a capital do condado portucalense. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa do antigo convento de Nossa Senhora da Oliveira, o barrio medieval, o edificio do concello (s XVI) e a praza de São Tiago (ss XVII-XVIII). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Regenerador (1882-1886), foi ministro das Obras Públicas, Comércio e Indústria (1893). Ingresou no Partido Republicano en 1903 e, logo da implantación da república, foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno provisional. Designado primeiro ministro (1913), foi elixido presidente da república en 1915 e defendeu a participación de Portugal na Primeira Guerra Mundial. Deposto polo movemento revolucionario de Sidónio Pais, en decembro de 1917, volveu á presidencia entre decembro de 1925 e maio de 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, diplomático e escritor brasileiro. Como escritor inclúese na xeración de 1930, caracterizada por unha nova visión do regionalismo deitada cara ao neorrealismo. Na súa produción destacan Sagarana (1946) e Grande Sertão: Veredas (1956), nos que aparece retratado o mundo do sertão brasileiro. Outro aspecto destacable na súa obra é a concepción da estória, para el esta debe reflectir o estalo do misto ao ser acendido. Ademais, emprega unha linguaxe con moitos neoloxismos e usa palabras populares propias do sertão, reinventándoas nalgúns casos. A súa concepción da estória e da linguaxe influíu en escritores africanos en lingua portuguesa, como José Luandino Vieira.

    VER O DETALLE DO TERMO