"Hague" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Que ten chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo Lingüístico de Copenhaguen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo teatral producido por Uvegá Teatro, con dirección de Manuel Lourenzo, no que actuaron Iván Toxeiro e Xesús Balboa, coa escenografía de Xoán M. López Eirís. Estreouse en Vigo en xaneiro de 1995, cun considerable éxito de crítica e público. Partindo dunha posta en escena sinxela e funcional, na liña do vello teatro independente, destacou o traballo dos dous actores que interpretaron a peripecia vital de dous mozos inconformistas, Ceferino e Aurelio, no momento en que imaxinaban as posibilidades para crear un espectáculo teatral. O vello recurso do teatro dentro do teatro servía nesta ocasión para ofrecer unha visión sumamente aceda e sarcástica da situación política e cultural de Galicia, desde o que os autores do texto dramático, Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido, denominaban evidencialismo, movemento artístico que propoñía mostrar a cara verdadeira da realidade. Copenhague constituíu un dos espectáculos máis notables da década dos noventa, sobre todo no plano interpretativo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Dinamarca, no estreito de Sound, na rexión de Sjaelland (491.082 h [1999]). Constitúe un amt independente e cumpre as funcións de capital do amt homónimo. O clima é temperado, cunha temperatura media en inverno de 1°C e en verán de 16°C. É un gran centro comercial e o primeiro porto do país, dende onde se exportan cereais e produtos lácteos, e se importa carbón, petróleo e materias primas. As industrias máis importantes son os estaleiros, o sector químico, o téxtil, o da fabricación de reloxos e o do tabaco. Destaca a elaboración de porcelana e louza de prata forxada a man. Porto do comercio dinamarqués, é a ponte entre Europa central e Escandinavia. Núcleo industrial, sobresae tamén polas actividades terciarias e o turismo. Ten varios centros de ensino superior: a Universidade de Copenhaguen, fundada en 1479; a Universidade de Veterinaria e Agricultura, de 1856; e a Universidade Politécnica de Dinamarca, de 1829. Orixinariamente, Copenhaguen foi un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amt de Dinamarca, na rexión de Sjaelland (526 km2; 612.053 h [estim 1999]). A capital é Copenhaguen, cidade que constitúe practicamente a totalidade da circunscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Escola de Copenhaguen Grupo de lingüistas dinamarqueses reunidos, dende 1934, ao redor de Viggo Brøndal e Louis Hjelmslev. Viggo Brøndal consideraba que o obxectivo da lingüística era atopar na lingua certas concepcións da lóxica, buscar o número de categorías e a súa definición. Desta concepción partiu a busca dos universais da linguaxe. Os lingüistas do Círculo Lingüístico de Copenhaguen propoñían unha teoría das mutacións bruscas, por saltos, que permitía pasar dun estado a outro. Esta concepción explicaba a resolución das sincronías sucesivas na dinámica da diacronía. Con Louis Hjelmslev (Principios de gramática xeral, 1928; Prolegómenos a unha teoría da linguaxe, 1943-1953) e H. J. Uldall (Bosquexo de glosemática, 1952-1957), o grupo orientouse progresivamente cara a un estruturalismo abstracto e proporcionoulle á escola a teoría da glosemática (Traballos do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, Acta Lingüística, Boletín do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Normandie, situado no extremo NO da península de Cotentin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Orovio. Foi ministro de Fomento (1865-1868 e 1874-1875) e de Facenda (1868 e 1877-1880). Realizou un cambio no ensino universitario que afectou aos planos de estudo e á eliminación de determinadas facultades. Estableceu o decreto de 26 de febreiro de 1875 polo que todos os profesores debían suxeitarse aos textos oficialmente autorizados e someter os programas das súas disciplinas á aprobación do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. De formación autodidacta e seguidor do pictorialismo, comezou moi novo na fotografía (1898) interesándose polos traxes, costumes, monumentos e paisaxes máis tópicos de España e do N de África. Fixo a súa primeira exposición en 1929, á que seguiu a publicación de España, tipos y trajes (1933), España, pueblos y paisajes (1938), España mística (1943) e España: Castillos y Alcázares (1956), obras coas que asentou un estilo que o fixo internacionalmente recoñecido e solicitado para mostras en Los Angeles, Milán, Londres ou Ciudad de México, que culminaron coa “Spectacular Spain” exposta no Metropolitan Museum de Nova York. Fundador da Sociedad Española de Automóviles de Turismo (SEAT) e introdutor en España do papel Fresson, que el rebautizou como carbón, foi membro da Real Sociedad Fotográfica e presidente da Federación Española de Arte Fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO