"Hainaut" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Provincia de Bélxica, na rexión de Valonia (3.786 km2; 1.279.467 [estim 2000]). A súa capital é Mons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión que se estende entre o NL de Francia (departamento do Norte) e o S de Bélxica, onde dá nome a unha provincia. A maior parte está formada por unha fértil área aluvial que corresponde aos ríos Escalda, Haine e Dendre. É importante a súa agricultura (trigo, cebada, acelgas, ravos e liño) e a gandería. Comprende as concas carboníferas de Mons-Borinage, do centro, ao redor de La Louvière e de Charlei. A poboación, francófona, está intensamente urbanizada. Territorio do Sacro Imperio no círculo de Borgoña, tivo condes hereditarios desde o 900. Uniuse ao Condado de Flandres en 1051, e en 1246 pasou aos Avesnes, pero incorporouse máis tarde aos condados de Holanda e Zelanda. Propiedade dos duques de Borgoña desde 1443, pasou despois aos Habsburgo españois. A parte meridional do condado, con capital en Valenciennes, pasou a Francia polo Tratado dos Pireneos (1659). O Hainaut austríaco ou setentrional foi departamento francés (1795-1814) e pasou despois ao Reino dos Países Baixos (1815-1830)...

    VER O DETALLE DO TERMO