Planta arbórea duns 2,5 m de altura, de follas dispostas helicoidalmente nas ramas, as flores hermafroditas de cor branca ou rosada e froito leñoso agrupadas en acio.
Xénero de plantas pertencente á familia das proteáceas, que se caracteriza porque os órganos masculinos da flor maduran antes que os femininos. É arbustiva e ornamental. Orixinaria de Australia está distribuída, maiormente, polas zonas secas de Australia e Sudáfrica. Os exemplares máis coñecidos son Hakea laurina e Hakea sericea.