"Hall" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
PERSOEIRO
Trobador, nomeado tamén Adam le Bossu. Estivo ao servizo do Rei de Nápoles Carlos de Anjou. Autor de numerosas cantigas satíricas e de catorce rondeaux a diversas voces, un feito sen precedentes. Está considerado como o iniciador do teatro profano en Francia debido ás súas obras cómicas Jeu de la feuillée (Xogo das follas, 1260?) e Jeu de Robin et Marion (Xogo de Robin e Marion, 1282?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Royal Albert Hall.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das aráceas, con follas divididas e enormes inflorescencias en espádice de eixo prominente (40 cm en A. rivieri). Viven na zona intertropical de África e de Asia.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e produtor norteamericano. Dirixiu algúns filmes, especialmente westerns, onde os animais eran protagonistas. Realizou Unchained (Fuga desesperada, 1955), Drango (1957) dirixida xunto a Jules Bricken, All the young men (Todos os homes novos, 1960), The wild pack (A carga salvaxe, 1972), Jonathan Livingstone seagull (Jonathan Livingstone gaivota, 1973) e Comeback (Regreso ao pasado, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Comezou en montaxes teatrais como The sound of music (O son da música), e acompañando a Bob Hope. Na televisión interpretou Living dolls (Bonecas vivas, 1990). Foi galardoada co Premio Image da NAACP pola súa interpretación na serie Queen (Raíña). Outros traballos seus son: The last boy scout (O último boy scout, 1991), The finstones (Os picapedra, 1994), Race the sun (A carreira do sol, 1996) e Girl 6 (Rapaza 6, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española do ano 1953 dirixida por Luis G. Berlanga, con guións de J. A. Bardem, Miguel Mihura e do propio Berlanga. Foi interpretada por José Isbert, Manolo Morán, Lolita Sevilla, Alberto Romea e Elvira Quintillá. Os habitantes dunha pequena vila castelá, Villar del Río, reciben a nova da chegada dunha comisión de técnicos e diplomáticos estadounidenses. Ilusionados ante a perspectiva de progreso, os veciños seguen a idea de Manolo de recrear unha vila andaluza como esencia do hispano, para causarlles unha impresión favorable; pero os americanos non se deteñen e as esperanzas dos veciños quedan frustradas. Trátase dunha crítica velada ao abuso de poder e á miseria que caracterizaban á España dos anos 50, tratada coa ironía propia de Miguel Mihura. O filme foi declarado de Interese Nacional e obtivo o premio á Mellor Comedia no festival de Cannes.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas melodramáticas, entre a súa produción destacan as obras: The shadow of a crime (A sombra dun crime, 1885) e The eternal city (A cidade eterna, 1901). Amigo de Dante Gabriel Rossetti, escribiu o libro de memorias Recollections of Rossetti (Recordos de Rossetti, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e diplomático inglés. Participou no congreso da Paz de Versailles e foi asesor da Sociedade de Nacións. A partir de 1936 dedicouse ao ensino universitario e foi director do Times. Das súas obras cómpre destacar principalmente A History of Soviet Russia (A historia da Rusia soviética), publicada en diversos volumes a partir de 1950, agrupados en títulos diferentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Competición deportiva estruturada nunha serie de eliminatorias sucesivas que disputan dous rivais de cada vez, e que conclúe cando se proclama vencedor o gañador da derradeira confrontación. Este termo emprégase especialmente en deportes como o tenis, o golf ou a vela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corveta británica de 2.306 toneladas que realizou a primeira grande expedición científica arredor do mundo para a exploración física e biolóxica dos océanos, a “Challanger Deep Sea Exploring Expedition”. Dirixida por sir Charles Wyville Thomson entre o 7 de decembro de 1872 e o 26 de maio de 1876, acadou os 127.600 km (68.890 millas náuticas). Os científicos aceptaban a teoría azoica de E. Forbes, que afirmaba a ausencia de vida no mar a partir dos 500 m de profundidade. Non obstante , en 1859 descubriuse que un cable telegráfico procedente dos fondos do Mediterráneo (2.160 m) levaba animais fixados nel. Iso motivou a exploración dos fondos abisais, co impulso de Wyville Thomson (1830-1882). A Royal Society recomendou ao Goberno británico a organización dunha expedición oceanográfica para estudar polo miúdo a masa oceánica como unidade, co obxectivo de superar os estudios tradicionais sobre a superficie dos mares e atender o crecente interese pola vida nos fondos mariños. A corveta percorreu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanzadeira espacial norteamericana que efectuou o seu primeiro voo o 4 de abril de 1983. No seu décimo lanzamento, o 28 de xaneiro de 1986, estoupou pouco despois de despegar dende o Kennedy Space Center. No accidente morreron todos os seus tripulantes. O Challenger foi substituído seis anos máis tarde polo Endeavour.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarta competición europea de balonmán, antiga Copa City, que naceu na tempada 2000-2001. A federación europea, organizadora do campionato, excluíu deste torneo os equipos españois.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Doutorouse na Universidade de Cambridge en 1909. Dirixiu os Wellcome Physiological Research Laboratories (1906-1914), nos que realizou estudios sobre a composición e os efectos do cornizó, e traballou no National Institute for Medical Research (1914-1942), centro do que foi director dende 1928 ata a súa xubilación. Foi presidente da Royal Society (1940-1945) e membro da Comisión de Enerxía Atómica. Descubriu a histamina e a acetilcolina, molécula implicada na transmisión nerviosa. No 1936 recibiu, xunto con Otto Loewi, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polo descubrimento da acción dos neurotransmisores no impulso nervioso. No ano 1932 concedéuselle o título de sir e no 1944 a Orde do Mérito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e directora de escena estadounidense. Deseñou e desenvolveu un dos primeiros proxectos de descentralización teatral, coñecido como Federal Theatre Project, durante a presidencia de Franklin D. Roosvelt. Cunha sólida formación académica, dedicou unha boa parte da súa vida ao ensino da arte dramática en institucións como o Vassar College e o Smith College, ou a escribir ensaios sobre política teatral como o titulado Arena (1940), no que recolle as súas experiencias á fronte do teatro federal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo sudafricano que escribiu en lingua inglesa. A súa obra versa sobre a problemática racial. Conseguiu fama mundial coas representacións que a compañía The Serpent Players, fundada por el mesmo, fixo de obras súas como The Blood Knot (O lazo de sangue, 1963), The Island (A illa, 1974), The Road to Mecca (O camiño cara á Meca, 1985), A Place with the Pigs (Un lugar cos porcos, 1988), ou My Children! My Africa! (Meus fillos! Miña África!, 1990), onde analiza a situación política dun país multirracial sometido a un sistema de segregación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo estadounidense. Profesor na Harvard University (1896-1932), escribiu diversos estudios sobre Dante Alighieri, lingüística románica (Introdution to Vulgar Latin, 1907, traducida ao castelán por F. de B. Moll), fonética, gramática do francés e italiano e un traballo sobre o provenzal antigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Espazo dunha casa situado xunto á porta de entrada e que dá acceso ás partes interiores.
-
-
Espazo ou cavidade que serve de entrada a outra cavidade.
-
vestíbulo do oído
Cavidade ósea do oído interno que contén o sáculo de utrículo.
-
-
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Estudiou no Oberlin College de Ohio. En 1886, ao mesmo tempo que Paul Héroult, inventou o procedemento electrolítico para obter aluminio a partir de alumina disolta en criolita fundida que se denominou proceso de Hall-Héroult. Dous anos máis tarde foi aplicado pola Pittsburgh Redution Company, da que Hall foi o vicepresidente en 1890, iniciándose así a utilización xeneralizada deste metal en toda clase de aplicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Profesor na Universidade de Harvard. Investigou a condución térmica e eléctrica nos metais, estudiou os efectos electromagnéticos e termomagnéticos no aceiro brando e descubriu o efecto que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno segundo o que unha placa ou unha cinta condutora ou semicondutora pola que circula unha corrente eléctrica uniforme é atravesada perpendicularmente por un campo magnético externo, tamén uniforme, xérase unha forza electromotriz perpendicular á corrente e ao campo.