"Hamlet" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Centro de formación teatral creado en 1998 pola Deputación Provincial da Coruña, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. O seu cadro de profesores está   integrado por Santiago Fernández Fernández e Xesús Pisón Villapol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada polo centro de formación teatral do mesmo nome, que saíu do prelo en maio de 1999. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, conta cun consello de redacción formado por Santiago Fernández, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón. Colaboran nela diversos ilustradores como Pepe Carreiro, Xurxo Fernández, João Guisán e Miguelanxo Varela. Divídese nas seccións: “Teatro galego”, “Especial Hamlet: Textos dramáticos”, “Especial Hamlet: Sempre Hamlet”, “Aulas” e “Documentación”. Entre os artigos máis destacados do seu primeiro número, dedicado a Hamlet, cómpre citar “Un teatro deconstrucionista”, de Xesús González e “Amleth, voz e verbo”, de Henrique Rabuñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxedia de Shakespeare, escrita en 1601 e refundada definitivamente en 1606. Parte dun tema probablemente de Thomas Kyd (1580?), baseado na lenda escandinava do príncipe Hamleth, e das Historias Tráxicas de Belleforest, o autor narra a historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, e a loita co seu tío Claudius, asasino do seu pai, usurpador do trono. Hamlet é un dos mellores personaxes símbolo do shakesperianismo, e representa a dúbida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada no condado metropolitano de Londres, ao L da City, foi un dos 32 distritos do Gran Londres (196.106 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO