"Hampshire" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.689 km2; 1.252.600 h [estim 2000]). A capital é Winchester.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Raza porcina orixinaria do condado inglés de Hampshire, de cabeza longa, pescozo curto e peito ancho, que se caracteriza por presentar a pel e o pelo negros, agás nas patas anteriores e o lombo, que son brancos.
-
Raza ovina, orixinaria do condado inglés de Hampshire, de tamaño medio, caracterizada pola pel e a la brancas, agás na cara e nas patas que son marróns escuras ou negras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, situado na rexión de Nova Inglaterra (24.032 km2; 1.235.786 h [2000]). Limita ao N con Canadá, ao O co río Connecticut e ao SL co Océano Atlántico. A súa capital é Concord (40.687 h [2000]). Un sistema montañoso segue a fronteira occidental e, no N, en White Mountains, están as cimas de maior altitude (Washington 1.917 m e Adam 1.767 m). O clima é atlántico e a poboación concéntrase na chaira costeira. As cidades máis importates son Manchester e Nashua. Posúe industrias de pel e de tecidos. Os bosques (especialmente de coníferas) ocupan máis da metade do territorio. Exploradas as súas costas a comezos do s XVII polos ingleses, o territorio foi cedido a John Mason en 1629. Anexionado a Massachusetts (1641-1679), foi provincia real (1679-1686) e pasou de novo a Nova Inglaterra (1686-1692). En 1692 quedou constituído definitivamente en provincia real. Foi proclamado independente en 1776 e erixido en Estado en 1788.