"Hervás" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, no límite con Castela-León. (3.842 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca o barrio xudeu, declarado Ben de Interese Cultural en 1969.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo mantelado: primeiro, en campo de ouro, cunha árbore, de sinople, arrincada, e dous lobos ao natural empinados ao tronco; segundo, en campo de azul, cun león rampante, de prata; o mantel, de prata, cunha cruz de Calatrava floreteada, de goles. Outra variante leva, en campo de ouro, un carballo arrincado, de sinople.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Ingresou na Compañía de Xesús e, coa expulsión dos xesuítas de España (1757), instalouse en Roma, onde Pío VII o nomeou bibliotecario do Quirinal. Destacan as súas obras Idea dell’Universo (1778-1787), obra enciclopédica da que derivan diferentes tratados, e Catálogo de las lenguas de las naciones conocidas (1800-1805).
VER O DETALLE DO TERMO