"Herzegovina" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Estado europeo da Península Balcánica, constituído polas rexións xeográficas de Bosnia e Herzegovina, e dividido en dúas entidades autónomas: a Federación Croato-Musulmana e a República Serbia de Bosnia-Herzegovina. Limita ao N, ao O e ao SO con Croacia, ao L e ao SL con Iugoslavia (51.129 km2; 3.675.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 45° e 42° de latitude N e os 15° e 20° de lonxitude L. A capital é Sarajevo.
    Xeografía física
    Relevo e xeoloxía
    A maior parte do territorio é moi montañoso, con altitudes máximas ao redor dos 2.800 m. Os Alpes Dináricos atravesan o N do país. Topograficamente, presenta dúas vertentes: a mediterránea, labrada polo río Neretva, onde o terreo descende bruscamente cara ao Adriático, e a danubiana, que forma unha chaira aluvial na metade setentrional da República que coincide aproximadamente coa conca do Sava e os seus afluentes. Existe unha estreita franxa de costa, de 20 km de lonxitude,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión dos Balcáns. Está situada ao S de Bosnia, entre Montenegro, ao S e ao SL, e Dalmacia, ao O, que a separa do Adriático, excepto nun estreito corredor que dá á canle Neretva, diante da illa de Pelješac. É unha rexión moi montañosa, formada por cordilleiras, macizos calcarios e polja cársticos e que está drenada polo río Neretva. Rexión pobre, a poboación é escasa, e vive sobre todo da gandería ovina. O principal núcleo urbano é Mostar. Formou parte da Iliria romana e posteriormente foi ocupada polos godos (s IV) e polos eslavos (s VII). Integrouse no reino croata de Tomislav, pero foi conquistada polos bizantinos (1040), máis tarde foi sometida ao poder dos príncipes serbios (1180-1321) e despois dos bosnios (1322-1377). O voivoda Estebo Vukčić separouna coa axuda do sultán e recibiu o título de duque ou herceg. Unida ao Imperio Turco entre 1482 e 1878, posteriormente pasou a depender da administración austro-húngara. Asociada a Bosnia...

    VER O DETALLE DO TERMO