"Hestia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, integrado por unhas 35 especies de dimensións moi pequenas, con alas anteriores moi estreitas e antenas moi finas. As eirugas aliméntanse de materiais vexetais secos ou animais en descomposición. A especie E. elutella, duns 16-18 mm de envergadura e cor gris, aparece no verán no interior das casas, e a súa eiruga ataca o pan, as froitas secas e tamén o papel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega do fogar, filla de Cronos e Rea. Nun principio formaba parte dos doce deuses principais do panteón grego, posteriormente cedeulle a cadeira a Dióniso. Zeus concedeulle permanecer eternamente virxe no Olimpo, por iso foi cortexada por Apolo e Posidón, en balde. Rendíaselle culto en todas as casas e nos distintos templos. Entre os romanos foi venerada co nome de Vesta.