"Hohenzollern" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe do Sacro Imperio Romano-Xermánico que deu dinastías ao electorado de Brandenburgo, aos reinos de Prusia e Romanía e ao Imperio Alemán. Orixinaria de Suabia, tomaron o seu nome do castelo familiar de Zollern e desde 1448 pasaron a denominarse Hohenzollern. En 1576 dividiuse en dúas grandes ramas, a dos príncipes de Hohenzollern-Hechigen, extinguida en 1869, e a dos príncipes de Hohenzollern-Sigmaringen, á que pertenceu Carlos I de Romanía (1839-1914). A liña francona da familia, titular do landgraviato de Nuremberg, converteuse en 1417 en príncipes electores de Brandenburgo e desde 1618 en duques de Prusia. Nesta rama destacaron Federico II de Prusia (1712-1786), Federico Guillerme II de Prusia (1744-1797) e Federico Guillerme III de Prusia (1770-1840). En 1871, un fillo deste converteuse en emperador alemán co nome de Guillerme I (1797-1888). A dinastía abandonou a coroa imperial en 1918, cando se proclamou a república, e o trono romanés en 1947 trala abdicación do Rei Miguel de...
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo de Suabia pertencente aos Hohenzollern, formado en 1575 polo conde Eitel Federico I sobre a localidade de Hechingen. Trala abdicación do príncipe Federico Guillerme II en favor do rei de Prusia (1849), incorporouse á coroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo de Suabia. O conde Carlos I de Hohenzollern mercoulle aos Austrias o Condado de Sigmaringen (1534) e, trala unión do Condado de Veringen, pasou ao seu fillo Carlos II coa denominación de Hohenzollern-Sigmaringen (1575). Os seus descendentes gobernaron neste territorio ata que o príncipe Carlos Antonio I de Hohenzollern-Sigmaringen renunciou á soberanía en favor do rei de Prusia que o incorporou á coroa (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe prusiano. Casou (1861) coa princesa Antonia de Portugal. Este matrimonio e o feito de ser católico favoreceron a súa candidatura á Coroa de España (1868), pero non prosperou.
VER O DETALLE DO TERMO