"Homero" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Poeta mexicano. Desde os seus inicios revelouse como un artesán das formas puras. A súa obra comprende, entre outras, os libros Antes del reino (1963), Los espacios azules (1969), Ajedrez navegaciones (1970), El poeta niño (1971), Quemar las naves (1975), Construir la muerte (1982) e Imágenes para el fin del milenio. Nueva expulsión del Paraíso (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e letrista de tangos. Estudiou en Bos Aires e dedicouse a escribir tangos que reflectiron a realidade da cidade. Foi autor, xunto co seu irmán Virgilio, de temas como Naranjo en flor, Margo, Absurdo, Chau, no va más, Tristezas de la calle Corrientes e Yuyo verde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do grego Hómeros, tradicionalmente identificado coa palabra grega Üμηρος ‘peñor’, ‘refén’, ‘cego’. Santo Homero (s VII), bispo de Thérouanne (Francia), celébrase o 9 de setembro.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Suposto autor da Ilíada e Odisea, as dúas grandes epopeas da antigüidade grega, amais dunha serie de obras coñecidas como o Homero menor. A súa obra transmitiuse oralmente durante varios séculos, ata que se fixou por escrito, en hexámetros dactílicos, en tempos de Pisístrato. A escasa fiabilidade dos datos proporcionados por escritos e lendas acerca deste autor fixo que desde o s XVIII os críticos formulasen dúbidas sobre a súa existencia e sobre a autoría das obras; é o que se coñece como “cuestión homérica”, iniciada por François Hédelin, quen sostiña que estes poemas eran froito da ensamblaxe de obras de distinta procedencia, o que explicaría as numerosas incongruencias que conteñen e as diferencias de ton e estilo. Máis recentemente, o estudo da épica coa poesía oral e a evidencia dun influxo oriental sobre os dous libros, así como o desciframento do micénico e as hipóteses plausibles sobre os seus expoñentes literarios, constituíron...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oceanógrafo. Licenciado en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid, foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo e sección da dirección provincial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Boa parte do seu labor dedicouno á investigación sobre os mamíferos mariños e a pesca da balea en España. Escribiu La riqueza marisquera de Galicia (1974) e Guía de cetáceos. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas (1996).
VER O DETALLE DO TERMO