"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Intermediario na síntese do ADP que deriva estruturalmente dos ácidos 3-fosfoglicérico e fosfórico. No citoplasma celular fórmase durante a glicólise por oxidación encimática do gliceroaldehido-3-fosfato. Acto seguido, o seu enlace 1-fosfato transfírese ao ADP e fórmase ATP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Instalouse na Coruña en 1857, onde montou unha librería e máis tarde unha imprenta, na que se imprimiron as pezas teatrais A fonte do xuramento (1882), de Francisco Mª de la Iglesia, e A torre de Peito Burdelo (1891), de Galo Salinas. Fundou e dirixiu o xornal El Telegrama. Pola súa ideoloxía republicana, estivo preso entre os anos 1867 e 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa norteamericana. Estudiou debuxo e escultura en Nova York. En París colaborou con Man Ray (1923-1925) e introduciuse de cheo na actividade fotográfica grazas a Eugène Atget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Muros. As súas armas levan, sobre campo de azur, un terreo inclinado cara ao poñente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da clase dos acarpoascomicetos.

    2. Clase de fungos da subdivisión ascomicotina caracterizado por presentar os ascos espidos sen estar asociados a un ascocarpo. Engloba as ordes dos tafrinais e dos endomicetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protista do grupo dos acrasiomicetos.

    2. Grupo de organismos protistas que se multiplican por esporas e que no seu ciclo vital pasan por unha fase de ameba con pseudópodos de tipo lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das actinomicetacias.

    2. Familia de bacterias da orde das actinomicetais integrada por individuos que se reproducen por fragmentación do micelo. A maior parte son parasitos da pel e das mucosas ou ben viven no solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da orde das actinomicetais.

    2. Orde de bacterias que se caracterizan pola súa converxencia con algunhas formas de fungos. Teñen un papel moi importante na formación do humus. Algunhas producen antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • actinomicetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico da música. Organista da Real Capilla da Almudena en Madrid, publicou Documentos para la instrución de músicos (1786).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Con relación a un estado ou fase do ciclo dalgunhas algas, caracterizado polo formato diminuto, con filamentos libres ou soldados nun disco, aplicados ao substrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • deuteromiceto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos tres maiores fabricantes de microprocesadores para PC, entre eles os da serie K-6. Coñécese tamén pola sigla AMD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio sen láminas auténticas, ao que pertencen as ordes dos corticiais, poliporais, ganodermatais, cantarelais, clavariais, himenoquetais, teleforais e hericiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1312-1350). Fillo de Fernando IV e de Constanza de Portugal. Nas pugnas pola súa titoría fixo un papel moderador a avoa do Rei, María de Molina, que confinou a Afonso en Valladolid. Declarado maior de idade en 1325, iniciou unha política de man dura contra os nobres sediciosos. Baixo o seu Reinado, levantáronse en Galicia novas casas que acadaron gran poder: os Castro, os Sarmiento, os Osorio, os Andrade, os Deza, etc. Os nomeamentos que outorgou en Galicia e no resto do seu Reino provocaron numerosas revoltas. Confirmou o Arcebispo de Santiago como capelán maior do Real Pazo e chanceler do Reino de León, así como aos seus sucesores. Non lle concedeu, sen embargo, o señorío da   cidade e a súa terra. Afonso de la Cerda rendeulle homenaxe (1331) e puxo fin ao preito dinástico. Proseguiu a conquista; o Rei de Granada solicitou o auxilio do Sultán de Marrocos, que se apoderou de Gibraltar. Cercada Tarifa, unha escuadra marroquí derrotou á castelá (1340). Afonso obtivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da subclase dos agaricomicetídeos.

    2. Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio libre antes da madureza, ao que pertencen as ordes dos agaricais, amanitais, boletais, cortinariais, entolomatais, pluteais, rusulais e tricolomatais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que xustifica o ben, estudia como é posible e que formas pode adoptar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Nas súas novelas costumistas, como Arhanghelii (1914), a máis célebre, Popa Man (1920) ou Legea minţii (A lei espiritual, 1927) describiu o ambiente campesiño da Transilvania.

    VER O DETALLE DO TERMO