"IGADI" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
-
Denominación que recibe o xeneral de brigada en moitos exércitos.
-
-
Na mariña de guerra española, grao equivalente ao de comodoro nas mariñas anglosaxonas; era superior ao de capitán de flota e inferior ao tamén desaparecido capitán de escuadra.
-
Militar do armamento de cabalería do exército francés (s XVIII) cunha gradación correspondente noutros armamentos á de capitán. Coa reorganización militar do vizconde de Turenne adquiriu unha categoría parecida á de xeneral.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade independente e sen fins de lucro fundada por Xulio Ríos en 1991, que ten por obxecto a investigación dos problemas internacionais desde unha perspectiva autóctona e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en todos os dominios. Desenvolve a súa actividade en diversos campos: no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, xestiona o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, os denominados Fondos Bilaterais con Venezuela, México e Brasil para a integración da emigración na acción exterior de Galicia, e sostén ademais a Fundación Plácido Castro. Realiza tamén un importante labor editorial coa publicación da revista semestral Tempo Exterior, dos dossieres quincenais de Actualidade Exterior, a preparación das Guías de Recursos do Arco Atlántico e da Acción Exterior de Galicia. Dispón tamén dun semanario dixital propio, o Canal Mundo.