"IKI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

  • Arte marcial xaponesa creada contra o 1925 que mestura técnicas doutras artes marciais no corpo a corpo, sobre todo do judo. Practícase en Occidente como deporte de exhibición, nunca de combate. Constitúe unha forma de autodefensa que pode non provocar a lesión do contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de chumbo, bismuto e cobre, BiCuPbS3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nixeriano de orixe iba. Formouse nas universidades norteamericanas de Lincoln e Pensilvania, e desempeñou altos cargos administrativos na época colonial. Proclamada a Independencia (1960), foi gobernador xeral da federación ata 1963, ano no que se proclamou a República, da que foi nomeado Presidente. Tralo Golpe de Estado de 1966, foi asesor do estado secesionista ibo de Biafra. Rector da Universidade de Lagos de 1972 a 1975, en 1979 foi candidato sen éxito nas eleccións presidenciais nixerianas polo Partido Popular de Nixeria, declarado ilegal en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor que formou parte do elenco do Teatro da Arte de Moscova entre 1906 e 1911. Na compaña de Nikolaj Tarasov creou o Teatro do Morcego (1908-1920), que constituíu unha das primeiras propostas de teatro de cabaré de Rusia. As súas funcións consistían en improvisacións e divertimentos escénicos nos que mesturaban números musicais con mimodramas, todo tipo de dramatizacións e parodias a partir de números de ópera ou sobre textos de Aleksandr Sergejevič Puškin, Mikhail Jurjevič Lermontov ou Nikolaj Vasil’evič Gogol’. En 1920 a compañía trasladouse a París co nome de Chauve-Souris e, posteriormente, realizou xiras polo Reino Unido, EE UU ou España, onde gozou do favor do público e de críticos tan dispares como José Ortega ou Luís Buñuel. En París instalouse no Teatro Fémina, local que visitou Castelao durante a súa viaxe de estudios por Europa e no que se inspirou para imaxinar un Teatro de Arte para Galicia asentado nas propostas da compañía rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Perm, Rusia, á beira do río Kama (184.304 h [1995]). É un dos principais centros da industria química do país, que aproveita os xacementos de sal natural de Solikamsk, cidade coa que se comunica a través da liña do ferrocarril de Solikamsk a Perm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Alistado no exército, ingresou na guardia imperial, onde principiou a practicar deporte como parte da súa preparación. Descuberto por un adestrador sueco en 1958, animóuselle a competir, especializándoo nas carreiras de gran fondo. Acudiu aos Xogos Olímpicos de Roma 1960 para participar na proba do maratón, que gañou completando o percorrido nun tempo (2 h 15’ e 16,2’’) que constituíu o mellor rexistro olímpico do momento. Nos Xogos Olímpicos de Toquio 1964 proclamouse por segunda ocasión consecutiva Campión Olímpico da maratón, gañando a carreira cunha marca de 2 h 12’ 3’’. No derradeiro maratón olímpica na que participou, México 1968, tivo que abandonar aos poucos quilómetros por mor dunha lesión nun xeonllo, cando era o máximo favorito para acadar unha nova medalla de ouro. Os seus méritos deportivos foron recompensados no seu país co ascenso a capitán da guardia imperial. As lesións que sufriu nun accidente automobilístico o 26 de marzo de 1969 obrigárono a abandonar o atletismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxe de baño feminino de dúas pezas, constituído por un axustador e unha braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ATOLOS

    Atol do arco de Ralik, nas illas Marshall, formado por uns 23 illotes. Administradas polos EE UU, foi o escenario, en 1946, dos primeiros ensaios nucleares estadounidenses posteriores á Segunda Guerra Mundial, para o que se trasladaron os seus habitantes ás illas de Rongerik, Ujelang e Kili.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director norteamericano. Despois de realizar estudios na Universidade de Drake, comezou a súa actividade como actor na compañía The Living Theatre. En 1964 formou a compañía The Open Theatre, coa que realizou diversos traballos nos que destaca o pulo experimental e o traballo de creación colectiva. Os fundamentos dos seus traballos como director recolléronse no volume The Presence of the Actor (A presenza do actor, 1972)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na Guerra Ruso-xaponesa, (1904-1905) e na Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución de Febreiro de 1917 foi nomeado xefe do estado maior do exército. Declarouse contrario á revolución socialista de outubro, fuxiu á zona do Don e creou os exércitos brancos, cos que se enfrontou ao Exército Vermello. En 1919 centralizou todos os poderes políticos e militares e emprendeu a marcha sobre Moscova. Derrotado en diversas ocasións, foi substituído por Wrangler en 1920. Emigrou ao estranxeiro e desde 1945 residiu nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista e director de cine sueco. En 1897 trasladouse a Alemaña, onde traballou como contable. Durante unha estancia en Milán estudiou na Accademi di Belle Arti di Brera. En 1911 instalouse en París e relacionouse cos expresionistas. Dende 1916 participou no grupo dadaísta de Zúric e ao ano seguinte realizou os seus primeiros debuxos abstractos. De regreso a Alemaña comezou a realizar películas abstractas de carácter xeométrico. Destacan, entre outras, Horizonte-vertical (1919-1920) e Diagonal Sinfonie (Sinfonía diagonal, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Osaka, na illa de Honshū, Xapón, situada a 15 km ao S da conurbación de Osaka (116.448 h [1991].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da axencia espacial soviética, que foi substituída pola Axencia Espacial Rusa (AER).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kalynivka 17.4.1894 - Moscova 11.9.1971) Político soviético de orixe ucraína. Mineiro e guerrilleiro durante a Revolución de Outubro e a Guerra Civil, na década de 1920 traballou na organización do partido comunista en Ucraína e en 1931 trasladouse a Moscova, onde entrou a formar parte do Politburó. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) organizou a loita de guerrillas e, tralo conflito, fíxose cargo da planificación agrícola da URSS. Trala morte de Stalin foi elixido primeiro secretario do Comité Central do PCUS (1953-1964) e xefe de goberno da URSS (1958-1964). En política exterior avogou polo achegamento a Occidente e pola coexistencia pacífica con EE UU, que se demostrou especialmente na resolución da crise dos mísiles de Cuba (1962). En política interior puxo en práctica unha política de reformas que levaba á desestalinización do sistema e   na que destacou a lectura dun informe secreto, especialmente crítico co réxime de Stalin, durante o XX Congreso do PCUS (1956). Criticado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crónica xaponesa compilada no ano 712. Baséase na cosmogonía dos Shinto e nas crónicas, ata ese momento orais, dos emperadores. Constitúe a primeira obra escrita na literatura xaponesa e está moi influída polo chinés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Okayama, na illa de Honshū, Xapón (425.103 h [1997]). O industrial Magosaburo Ohara fundou a Galería de Arte Ohara (1930), que acolle obras xaponesas, europeas e do Próximo Oriente, e o Observatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto automobilístico austríaco. En 1974 fichou por Ferrari e iniciou unha carrera brillante ao vencer nos campionatos mundiais de 1975 e 1977. A finais de 1977 fichou por Brabham e dous anos máis tarde retirouse da competición. Volveu competir en 1981 e gañou o campionato do mundo en 1984. En 1985 retirouse definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á escola xurídica fundada por Mālik ibn Anas, recoñecida como unha das catro escolas ortodoxas do Islam. Predomina no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nikita Sergeyevich Mikhalkov-Končalovskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e actor cinematográfico. Coñecido como Nikita Mikhalkov e irmán de Andrej Mikhalkov-Končalovskij, compaxinou a dirección e a interpretación durante toda a súa carreira. Como director destacan Raba l’ubvi (A escrava do amor, 1976), Neokončennaja piesa dija mehamicskogo pianino (Peza incompleta para teatro mecánico, 1977, Concha de Oro no Festival de Donostia), Ochi chyornye (Ollos negros, 1987), Urga (1991, Leone d’Oro de Venecia e Premio Felix do cine europeo 1993) e Utoml’onnye solntsem (Queimado polo sol, 1994, Oscar á mellor película estranxeira 1995); e como actor participou en Solnste svetit vsem (O sol sae para todos, 1959), Vokzal dlya dvoikh (Estación de tren para dous, 1982) e Vera, nadezhda, krov’ (Crenza, esperanza, sangue, 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO