"Ingrid" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Actriz sueca establecida nos EE UU, nai da tamén actriz Isabella Rosellini. A súa fotoxenia serena combinouse cunha gran riqueza de rexistros expresivos. Comezou a traballar con Gustav Molander e máis tarde con Roberto Rossellini, con quen ademais mantivo unha intensa relación. Foi gañadora dun Oscar en dúas ocasións por Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e Anastasia (1956). Participou nos filmes: Munkbrogreven (1934), Intermezzo (1936), Casablanca (1942), For Whom the Bells Toll (Por quen dobran as campás, 1943), Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), Elena et les Hommes (Elena e os homes, 1956), The Yellow Rolls-Royce (O Rolls-Royce amarelo, 1964), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974) e Hostsonet (Sonata de outono, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe nórdica. Segundo a tradición vén do lendario Ingvi, epónimo da liñaxe dos Ynglingar, a familia real sueca, inda que tamén é o nome dun deus tribal da tribo bárbara dos ingvións.