"Iolanda" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola da Coruña. Comeza publicando en diferentes revistas (Ólisbos, Nós, Cadernos do Povo) e participando en recitais. Publicou A palabra no ar (1990), Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017). 
    Colaborou nos cadernos de poesía Ao mar de adentro e 8 e médio. A súa poesía foi incluída en antoloxías como A mátria da palabra e Antologia de poesia lusófona. No 1994 estrea a obra teatral Eva Perón da que é coautora xunto con Ângelo Brea e Roberto Cordovani. Como ensaísta ten publicado traballos sobre lingua e literatura en diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de etimoloxía incerta, suponse que deriva do nome do franco-provenzal antigo Yolant, Yolans e Yolande, forma medieval de Violante que, á súa vez, deriva do latín Viola ‘violeta’. Para outros, a orixe é netamente xermánica, quizais composto de -lind ou      -linta ‘escudo’. Atribúeselle o significado de “cor da violeta”. Tamén se considera unha variante de Helena. Santa Iolanda (s XIII), filla do conde de Veanden (Polonia), da orde das dominicanas de Marienthal, celébrase o 28 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO