"Iowa" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Estado da rexión de Medio Oeste, en EE UU (145.753 km2; 2.926.324 h [2000]). A súa capital é Des Moines (198.682 h [2000]). O seu territorio corresponde cunha chaira inclinada lixeiramente cara ao NO, cuberta de sedimentos glaciares, drenada por afluentes do Missouri. O clima é continental. Iowa é un dos estados agrícolas máis produtivos da Unión, grazas á fertilidade dos seus solos. O 95% da superficie agraria útil está cultivada. Descuberto polos franceses (1673), foi comprado por EE UU (1803). Converteuse en Estado en 1846 e mantivo continuas loitas cos indios entre 1857 e 1890.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos iowa.

    2. Individuo do pobo iowa.

    3. Tribo síux de América do Norte, orixinaria da área dos Grandes Lagos. Trasladouse cara ao S e estableceuse ao redor do río Iowa, na súa confluencia co Mississippi. Contactaron cos exploradores franceses en 1702 e durante o s XVIII comerciaron cos trampeiros que percorrían a rexión. A chegada de colonos desde comezos do s XIX limitou o seu territorio a unha área próxima ao río Platte (1824) e dificultou a súa supervivencia. Confinados nunha reserva desde 1836, desprazáronse posteriormente ao territorio indio de Oklahoma, onde se creou unha reserva para eles (1883). A súa poboación agrúpase ao redor de tres núcleos en Oklahoma, Kansas e Nebraska.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kiowa ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kiowa.

    3. Pobo indíxena de América do Norte, que habitaba no estado de Montana, a carón do río Yellowstone. A partir do s XVII iniciaron un movemento cara ao S, e a mediados do s XIX establecéronse no territorio situado entre as Montañas Rochosas e os estados de Oklahoma, Kansas, Colorado, Novo México e Texas. Dedicábanse á caza de bisontes e enfrontáronse aos colonos no seu avance. A súa poboación limítase ás reservas dos estados de Oklahoma e Colorado, en EE UU.

    4. Lingua independente que falan os kiowas.

    5. mocasín.

    VER O DETALLE DO TERMO