"Isadora" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Bailarina estadounidense. Seguidora de Jean-Georges Noverre e François Delsarte, posuía unha formación moi heteroxénea adquirida en múltiples viaxes realizadas por Europa e EE UU, nas que traballou con Marie Bofanti, Ketti Lenner, Agustin Daly ou Mikhail Mikhailovič Fokine, e nas que coñeceu a directores do prestixio de Konstantin Sergejevič Stanislavskij, Sergej Pavlovič D’agilev ou Gordon Craig. Foi unha das primeiras artistas en crear un estilo propio, que baseou na renuncia ao canon clásico e na exploración dunha liña máis libre e natural, partindo da idea de que a música era un motivo para a creación coreográfica e o movemento non era unha simple ilustración da partitura musical, razón pola que renunciou ao repertorio musical tradicional e introduciu novos autores, como Chopin, Beethoven, Schubert, Gluck, Bach, Wagner, Brahms, Chaikovski, Listz, Franck ou Berlioz. En 1902 pronunciou en Berlín a conferencia “A danza do futuro”, que se pode considerar como o manifesto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino, forma feminina inglesa de Isidoro, popularizado pola famosa bailarina estadounidense Isadora Duncan (1878-1927). A súa festividade celébrase o 26 de abril, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico celebrábase o 4 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO