"Islandia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de Europa, situado ao S do Círculo Polar Ártico, entre o Océano Atlántico, ao S, o Océano Ártico, ao N, e o mar de Noruega, ao L (102.819 km2; 282.000 h [2001]). A súa capital é Reykjavik.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Islandia caracterízase polo vulcanismo e o glaciarismo. Ten numerosos cráteres volcánicos, como o Hekla e o Laki. As coadas de lava bloquearon moitos vales e orixinaron lagos, como o de Thingvellir. Tamén abundan as surxencias de augas termais, algúns auténticos chafarices como o de Geysir, ao S da illa, que deu nome a este tipo de fenómeno (geyser). Entre os glaciares, que ocupan a oitava parte do territorio, destaca o de Vatnajökull, ao SL. As erupcións producidas sobre un glaciar provocan violentos desxeos e as correntes de auga estenden ao pé dos glaciares potentes capas de aluvións. O clima é de tipo oceánico subártico, húmido. A flora é de carácter boreoalpino europeo. Un piso inferior, subártico,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Área depresionaria da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio boreal, centrada habitualmente entre os 50° e os 75° de latitude N sobre o Atlántico noroccidental, entre Groenlandia e Islandia.