"Italia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (956). Reinou xunto co seu pai Berenguer II a partir do 956. No 961 foi vencido por Otón I, quen se apoderou do reino e coroouse Emperador. Morreu exiliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación coa que se designaban, despois da conquista italiana de Abisinia, os territorios de Eritrea, Somalia italiana e Abisinia (1936-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía italiana de aviación creada no ano 1946. No 1957 uniuse a LAI (Linee Aeree Italiane), creada coa axuda do IRI (Istituto per la Ricostruzione Industriale) e da Trans World Air Lines norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria italiana, estreitamente controlada polo Istituto di Ricostruzione Industriale (o 98% do capital), fundada en Milán en 1894. No ano 1918 fundou a Banca Commerciale Italiana (France) S A, que abriu unhas sucursais en Marrocos que subsistiron ata o ano 1962. Ampliou a súa actuación a todo o estado italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista italiano. Realizou nas súas obras unha serie de observacións irónicas dos seus personaxes inmersos nunha sociedade provinciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical italiana fundada en 1906 e controlada polos socialistas ata a chegada de Mussolini. Ao rematar a guerra, socialistas, comunistas e democratacristiáns repartíronse equitativamente as tres secretarías, pero en 1948 estes últimos fundaron a Confederazione Italiana Sindicati Lavoratori (CISL). En 1949, unha parte dos socialdemócratas e dos republicanos, separados tamén da CGIL, fundaron a Unione Italiana del Lavoro (UIL). Durante a primeira metade dos anos setenta, a CGIL participou na radicalización sindical pero máis tarde os comunistas e os socialistas moderárona a causa da crise económica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica italiana realizada en 1961. Foi dirixida por Pietro Germi e interpretada por Marcello Mastroianni, Daniella Rocca, Stefania Sandrelli e Leopoldo Trieste. O filme expón unha situación paradóxica con fundamento na realidade. O asasinato dun cónxuxe que comete adulterio non se castiga na lexislación italiana con máis de sete anos de cadea. Esta situación fai que o protagonista mate a súa muller para así poder casar con outra da que está namorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano fundado en 1994 por Silvio Berlusconi. Gañou as eleccións lexislativas dese mesmo ano baixo a coalición Polo delle Libertà (xunto á Lega Nord e Alleanza Nazionale) e as do 2001 baixo a denominación Casa delle Libertà.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carreira ciclista de fondo en estrada por etapas. A primeira edición celebrouse en 1909, promovida pola publicación deportiva milanesa La Gazzetta dello Sport. Dende entón dispútase con periodicidade anual no mes de maio; só durante a Primeira e a Segunda Guerra Mundial se cancelaron as edicións de 1915-1918 e 1941-1945. En 1931 estreouse a maglia rosa para distinguir na carreira o mellor situado na clasificación xeral. Os ciclistas que conseguiron un maior número de títulos nesta proba foron Alfredo Binda (1925-1933), Fausto Coppi (1940-1953) e Eddy Merckx (1968-1974). O único ciclista español que se proclamou vencedor desta proba foi Miguel Induráin, nas edicións de 1992 e 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso dos Abruzos, Italia, máxima altura dos Apeninos (Corno Grande, 2.914 m). Formado por rochas calcarias, ten un relevo modelado, en parte, polos glaciares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (1878-1900), fillo e sucesor de Víctor Manuel II. Favoreceu a aproximación a Alemaña e a Austria-Hungría (Triple Alianza, 1882) e tamén a política de expansión italiana en Etiopia. Foi asasinado por un anarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (maio-xuño de 1946), fillo e sucesor de Víctor Manuel III. Rexente entre 1944-1946, ata a abdicación do seu pai, un referendo popular institucionalizou a República e provocou o seu exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Meridional (301.338 km2; 60.042.358 h [2008]). Comprende a Península Itálica (situada entre o Mar Ligur, ao NO, o Mar Tirreno, ao O, o Mar Adriático, ao L, e o Mar Xónico, ao S) e as illas de Sardeña e Sicilia. Os Alpes sepárana de Francia, Suíza, Austria e Eslovenia. No interior da península existen dous estados independentes, San Marino e Cidade do Vaticano. A súa capital é Roma .
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    A Italia continental está formada polos Alpes, a chaira do río Po e a Península Itálica. Os Alpes son o paso de unión entre a Península Itálica e Europa, e teñen un papel moi importante na economía italiana. O único val importante é o Val de Aosta. Nos Alpes Centrais localízanse os cumios máis elevados, tallados pola acción dos glaciares (Mont Blanc, Monte Rosa, Bernina, Grand Paradiso). Ao pé dos Alpes atópase o sector dos grandes lagos (Como, Maior, Garda, Iseo e Orta), a rexión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de campañas militares que enfrontaron os estados italianos, xunto con Francia, España e o Imperio, nos ss XV-XVI. Iniciouse coa toma de Nápoles por Carlos VIII de Francia (1495), recuperada por Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, ao mando das tropas enviadas por Fernando II de Aragón, o Católico, que reinstaurou a Fernando II de Nápoles. En 1501, deposto o seu sucesor Federico III, Francia e a monarquía hispánica, de acordo co Tratado de Granada (1500), repartiron o reino; pero os límites entre as dúas partes provocaron unha nova guerra. Despois das vitorias do Gran Capitán en Cerignola (1503) e Garigliano (1504), os franceses foron expulsados de Nápoles e Fernando o Católico proclamouse rei. O Milanesado motivou a primeira guerra entre Francisco I de Francia e o Emperador Carlos V (1521-1526). Trala ocupación de Milán (1500) por Luís XII de Francia, Carlos V apoderouse da cidade en 1521, e derrotou e fixo prisioneiro a Francisco I...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idiotismo peculiar da lingua italiana.

    2. Palabra ou xiro da lingua italiana que se emprega noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estudia con profundidade a cultura, a lingua ou a literatura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que amosa unha tendencia favorable á lingua ou á cultura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asumir os costumes, a cultura ou a lingua italiana.

    2. Adoptar os costumes, a cultura ou a lingua italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Italia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Italia.

    3. Lingua románica oriental, que pertence ao subgrupo italorrománico. É oficial en Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e Suíza. Existen focos de fala italiana en Córsega e Malta, así como en Francia, Alemaña, Reino Unido e Bélxica, e está moi estendida en Mónaco. Hai importantes comunidades de italofalantes en EE UU, Arxentina (onde, en contacto co castelán, deu lugar ao cocoliche), Canadá, Australia e Brasil. Consérvase como un vestixio do dominio colonial en países como Eritrea e Somalia. Fálana uns 62 millóns de persoas (estim 2002).
      Evolución histórica
      Na Península Itálica formáronse numerosas variedades romances. A primeira documentación segura dunha delas é o Placito capuano (960), aínda que, de considerarse escrito en lingua vulgar, o Indovinello veronese sería anterior (finais do s VIII-principios do IX). Existe así mesmo unha alba do s X e a Carta do Montamiata, do XI. Os primeiros textos literarios proceden case todos...

    4. Arte desenvolvida en Italia. Os vestixios máis numerosos da Italia prehistórica pertencen ao Neolítico. A chegada dos itálicos trouxo a introdución da metalurxia do bronce, unha segunda ondada protagonizou a inicios da Idade do Ferro a cultura vilanoviana, non identificable totalmente cos etruscos. Do pobo etrusco destacan as tumbas de Cerveteri e Tarquinia, entre outras, e poboados como os de Veyes; e no eido da escultura o Apolo de Veyes e O sarcófago de Cerveteri. As mostras artísticas do Imperio Romano non só están presentes na cidade de Roma, onde destacan os diversos foros, o Coliseo, o Ara Pacis Augustae, o Panteón e as numerosas mostras escultóricas, senón que se atopan por toda Italia. As primeiras manifestacións da arte paleocristiá, as pinturas das catacumbas e os sarcófagos, continuaron coas características formais da arte romana. No eido da arquitectura, sobresaen as basílicas de Santa Sabina e Santa Maria Maggiore...

    5. Arte cinematográfica realizada en Italia. No ano 1904 o inventor Filoteo Alberini formou, xunto con Santoni, a produtora Manifattura Cinematografica Alberini e Santoni, realizadora de La presa di Roma (1905), filme que inaugurou a serie histórico-espectacular continuada por Gli ultimi giorni di Pompei (1908), de Arturo Ambrosio; Quo Vadis? (1912), de Guazzoni, e, sobre todo, Cabiria (1913), de Piero Fosco. O monumentalismo histórico e o divismo feminino levaron o cine italiano a unha mediocridade total, da que intentou sacalo Benito Mussolini (creación do Centro Sperimentale di Cinematografia en 1935 e construción dos estudios de Cinecittà en 1937). O descontento co cine oficial, fascista e grandilocuente, por parte dos alumnos do Centro Sperimentale (De Santis, Antonioni, Pietro Germi, Luigi Zampa) fixo que xurdisen os primeiros xermolos neorrealistas en plena ditadura (Ossessione, 1942, de Luchino Visconti; Quatro passi fra le nuvole,...

    6. Filosofía producida no ámbito cultural italiano. A aparición do italiano como lingua filosófica vai unida do xurdimento das actitudes de pensamento que se acostuman designar como modernas. É tanto a lingua empregada por Maquiavelo (1469-1527) como a que xeralmente utilizaba Galileo Galilei (1564-1642) nas obras divulgatorias da súa produción científica. Destaca tamén Giordano Bruno (1548-1600) e Tommaso Campanella (1568-1639). Despois deste destacado inicio, a filosofía italiana permaneceu nun segundo plano detrás da produción francesa e inglesa. Así e todo, no s XVII sobresaíu Giambattista Vico (1668-1744). A Ilustración italiana tendeu a seguir os modelos das nacións que dominaban o panorama cultural, Francia e o Reino Unido. As figuras máis importantes foron Cesare Bonesana (1738-1794) e Antonio Genovesi (1712-1769). O pensamento italiano coñeceu un momento álxido con Il Risorgimento, momento no que conviviron dúas tendencias: por unha banda, un pensamento que partía da metafísica tradicional...

    7. Literatura cultivada en lingua italiana.
      As orixes e o dolce stil novo
      Os primeiros testemuños en lingua vulgar maniféstanse xa a principios do s XI. Malia todo, a diferenza doutras linguas da Romania, o italiano “vulgar” estivo situado nun segundo termo, diante dunha tradición latina fortemente consolidada. No s XIII o gran desenvolvemento do poder das cidades fixo de Italia o lugar onde converxeron e se fusionaron as diversas experiencias culturais europeas (a especulación en latín, a lírica occitana e a narrativa francesa). Cara a 1230 un grupo de poetas da corte de Suabia traduciron temas trobadorescos á lingua vulgar siciliana; no momento no que o centro cultural da Península se trasladou a Toscana, os temas cortesáns pasaron a escribirse en toscano (Guittone d’Arezzo). Xurdiron nese momento outros xéneros literarios nas diversas linguas vulgares rexionais: os laudes relixiosos na Italia central, en que se pode enmarcar o Cantico delle Creature (1225), a primeira...

    8. Arte musical cultivada en Italia. A primeira música relixiosa cristiá identifícase co denominado canto gregoriano. A ars nova italiana foi cultivada en forma de madrigais, caccie ou baladas. No s XIV os cantantes que trouxo o papa de Aviñón introduciron en Italia a música franco-flamenga. A música vogal italiana culminou coa obra a capella de G. P. Palestrina (1525-94), imitada pola chamada escola romana. A outra escola de música relixiosa foi a veneciana, impulsada polo flamengo A. Willaert (1480-1562) e continuada polos irmáns Gabrieli. Esta escola caracterizouse polas intervencións dos instrumentos e a policoralidade. Na música profana hai canzoni e madrigais polifónicos cultivados polos flamengos instalados en Italia e polos italianos C. Merulo (1533-1604), L. Marenzio (1553-99), G. Gesualdo (1560-1613) e C. Monteverdi (1567-1643), que fixeron innovacións harmónicas e rítmicas. A música instrumental emancipouse con formas autónomas, como o ricercare,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anne Bancroft, en 1963 conseguiu o Oscar á mellor actriz por The Miracle Worker de A. Penn. Participou, entre outros, nos filmes The Graduate (1967), The elephant man (1980) e Agnes of God (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO